
Espazo de coworking ubicado no Concello de Moeche
Achegándose ao proxecto da Fusquenlla mediante o Xeoparque Cabo Ortegal
As visitas de persoas interesadas é unhas das mellores formas de dar a coñecer o funcionamento do Centro. Nas últimas datas recibíronse un par de visitas onde se sincronizaron perfectamente o Xeoparque Cabo Ortegal coa Fusquenlla xa que se realizaron dentro do calendario de 20 rutas programado ao abeiro dunha das accións do Plan de Sostenibilidade Turística en Destino do Xeoparque do Cabo Ortegal.
Un grupo de 9 persoas que participaron nunha visita guiada organizada no marco das mencionadas actividades do Xeoparque. As persoas visitantes puideron descubrir de primeira man, mediante dous usuarios e membros do Grupo de traballo da Fusquenlla, Manolo Varela e Carmen Caínzos, o significado deste proxecto que ten como finalidade impulsar o desenvolvemento rural do territorio. Realizouse un percorrido polas distintas zonas do Centro, explicando como se preparan, transforman e envasan os alimentos, e tamén se abordou o modelo colaborativo que sostén a Fusquenlla. A curiosidade foi a nota dominante: moitas preguntas, moita conversa e moito interese por coñecer como funciona un espazo pensado para facilitar o traballo de transformación agroalimentaria cun carácter industrial.

Foto: persoas pertencentes á visita
Poucos días despois, volvéronse a abrir as portas da Fusquenlla a outro grupo de 6 persoas. Estas visitas guiadas converténse nunha fórmula excelente para explicar de forma sinxela e directa que é este espazo, para que serve e como pode axudar a que proxectos pequenos ou en fase de arranque dean pasos seguros.

Foto: persoas pertencentes á visita do
Quen se achega adoita sorprenderse da variedade de procesos que se poden realizar nas instalacións e do ambiente colaborativo que se respira. Son visitas que axudan a crear comunidade arredor da actividade agroalimentaria local.
Finalmente, ao rematar ambas visitas, ofreceuse unha pequena degustación de produtos elaborados na Fusquenlla que contribuíu ao peche da visitas.
Páxina web da Fusquenlla (21/10/2025): https://afusquenlla.gal/a-fusquenlla-final-dun-dos-itinerarios-programados-polo-xeoparque-cabo-ortegal/
Compartindo a experiencia da Fusquenlla
Viaxe a Euskadi: Orduña (Biscaia)
este novembro A Fusquenlla estivo representada no “Encontro Anual da Rede de Municipios pola Agrocoloxía (RMAe)” que se celebrou durante entre os días 13 e 15 de novembro en Orduña (Vizcaia). Un usuario e membro do Grupo de traballo da Fusquenlla, Xosé María García, relatou na súa poñencia “La Fusquenlla, acoger el excedente de huerta en los obradores compartido” a orixe do proxecto, o espírito do mesmo e a súa evolución ata a actualidade. Neste Encontro de proxectos de todo o Estado intercambiáronse coñecementos, ideas e experiencias. A Fusquenlla sumouse a este diálogo como exemplo de infraestrutura pública que impulsa novos camiños no emprendemento agroecolóxico.

Feira do sector primario
De novo derónse cita en Narón unha charla promovida pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal, o Concello de Narón e a Diputación da Coruña, denominada “Feira do Sector Primario”. Esta feira reuníu a diversas empresas e entidades que deron a coñecer o seu traballo a un total de 7 centros educativos da zona. Máis de 250 alumnos e alumnas tomaron parte nas actividades e charlas que se enmarcan dentro do Proxecto Emprende Xove-Minimarket, que recalou nun total de 14 centros da comarca.
A Fusquenlla estivo presente nesta Feira representada pola concelleira de Axenda 2030 e Participación veciñal do Concello de San Sadurniño, Raquel Piñeiro, que fixo unha exposición sobre os aspectos máis salientables deste proxecto. Esta ponencia permitiu achegar a un amplo número de persoas mozas a importancia do sector primario dende a perspectiva dun espazo colaborativo que pretende desenvolver socioeconómicamente o territorio.

Foto: imaxe da concelleira Raquel
Colectivo Piruchela
A Piruchela é unha asociación con sede en Neda de recente creación que xurdiu dunha idea de ser unha sociedade gastronómica entre un grupo de amigos e amigas. Esta asociación expandiuse tamén en actividades enmarcadas tamén no eido cultural e o deportivo.
O pasado 22 de novembro Manolo Varela e Carmen Caínzos, esta última tamén en calidade de responsable da firma “Ay! Carmen.” que elabora no Centro, achegáronse ata a sede deste colectivo para dar a coñecer o proxecto da Fusquenlla. As persoas asistentes a este acto, a parte de coñecer as características deste espazo colaborativo, puideron facer unha degustación de produtos elaborados no Centro tales coma o tomate confitado, a mermelada de tomate, a limonada ou o zume de mazás, todos eles con produtos colleitados no territorio.

Foto: momento do acto da presentación da Fusquenlla na sede do colectivo
Un novo vídeo para descubrir a Fusquenlla desde dentro
Recentemente lanzouse un novo vídeo divulgativo que amosa a vida diaria da Fusquenlla: o ambiente das elaboracións, o funcionamento da maquinaria, a convivencia entre produtoras e a filosofía de traballo que sostén todo o proxecto.
É unha peza ideal para quen queira achegarse á Fusquenlla por primeira vez ou para quen desexe comprender mellor o papel que xoga no noso territorio.
A realización deste vídeo foi posible grazas ao financiamento da Deputación da Coruña mediante o programa de subvencións para a dinamización e xestión dos espazos de traballo da Rede Provincial de Coworking no ano 2025 (PEL-REDE Coworking 2025), incluídas no plan de emprego local.
O vídeo pódese ver no seguinte enlace
