
Espazos de traballo colaborativo da rede provincial en As Pontes.
A cultura emprendedora é o conxunto de valores que proporcionan ás persoas as habilidades necesarias para afrontar con éxito os cambios constantes que se producen no noso entorno. Implica dotar á cidadanía de capacidades que contribúan a desenrolar unha actitude pro activa que lles permita crear ou mellorar unha idea, proxecto ou situación, dándolles a confianza para levala a cabo e sendo conscientes dos riscos que deben asumir para acadar o seu obxectivo.
Por todo iso, é fundamental que as entidades traballemos xunto cos Centros Educativos en desenrolar novos proxectos, novas ideas, incentivando a creatividade, a innovación, a confianza persoal, a resolución de problemas, etc.
Dende o noso espazo tentamos traballar cos colexios e institutos da contorna en diferentes aspectos:
- Realización de charlas sobre emprendemento
- Ensinándolles as empresas que teñen na súa Comarca.
- Realizando encontros con xente emprendedora que lles conte de primeira man en que consiste o seu proxecto.
- Poñendo en marcha iniciativas nas que eles mesmos creen a súa propia cooperativa.
- Levando a cabo Talleres Manuais onde poidan comprobar a dificultade que ten fabricar un determinado produto.
- Organizando visitas o Green Coworking para que coñezan a nosa forma de traballar.

Queremos amosar o emprendemento como unha saída profesional máis. O esforzo, a formación, e a ilusión fan que calquera persoa poda emprender na súa vida.
Aquí vedes o grupo de 1º da ESO do IES Castro Da Uz de As Pontes, visitando as nosas instalacións, recibindo unha charla sobre emprendemento e charlando cos usuarios que temos no noso Green Coworking.


