A Voz do Emprendemento: Obradoiro de Podcasting no coworking da Pobra

Espazo de coworking ubicado no Concello da Pobra do Caramiñal.

O Coworking da Pobra do Caramiñal foi o escenario dunha iniciativa de comunicación dixital que dotou a sete emprendedoras das ferramentas necesarias para converter as súas ideas en podcasts profesionais. O obradoiro, impartido por Seu Bermúdez (María José Bermúdez Santiago), centrouse en guiar ás participantes desde a concepción estratéxica ata a produción final.

O obradoiro atraeu a sete mulleres usuarias do Coworking da Pobra, procedentes de sectores moi diversos, demostrando o interese crecente nesta ferramenta de comunicación. As participantes representaban actividades tan variadas como deseño, vídeo, adestramento persoal, marketing dixital, fotografía, comunicación e servizos a empresas.

Unha Ruta Integral para a Autonomía Dixital

O obradoiro desenvolveuse a través dunha estrutura de tres sesións, combinando teoría estratéxica e práctica intensiva.

1. A Estratexia: ¿Podcast si? ¿Podcast non?

A primeira fase tivo lugar de forma virtual e en directo o 28 de outubro . Esta sesión inicial de dúas horas abordou a visión clara e realista do podcasting como ferramenta estratéxica. O obxectivo era que cada participante tivese unha resposta honesta e clara sobre se o podcast era o camiño axeitado para o seu negocio neste momento, comprendendo o investimento de tempo e recursos que implica.

2. Produción Práctica: Da Idea ao Episodio ecosistema de apoio

Tras a avaliación estratéxica, realizáronse dúas xornadas presenciais de tres horas cada unha: o 20 de novembro e o 2 de xaneiro. Estas sesións foron eminentemente prácticas e enfocáronse en aplicar os contidos de forma inmediata.

Durante as sesións, as participantes puideron:

  • Definir o formato e a identidade do seu proxecto (nome, portada, descrición e sintonía).
  • Familiarizarse coa gravación practicando co seu propio material e comparando catro modelos distintos de micrófonos.
  • Aprender as funcións básicas de edición (audio e vídeo) para garantir a súa autonomía na produción de contido profesional.
  • Deseñar un calendario de publicación e promoción.

O gran obxectivo práctico do taller era que cada muller saíse con, polo menos, un episodio gravado en formato podcast ou videopodcast (pode ser un avance, un trailer ou unha proba).

Conclusión: Emprendedoras listas para o Lanzamento

O obradoiro supuxo un salto cualitativo para as usuarias da Pobra, que agora contan co coñecemento e a seguridade para integrar o podcasting nas súas estratexias de comunicación. Desde a definición da idea inicial e os obxectivos ata a edición do arquivo final listo para publicar, as emprendedoras están preparadas para que a súa voz chegue á audiencia axeitada.

Este taller de Podasting non sería posible sen a axuda que recibe o concello da Pobra por formar parte da rede provincial de espazos colaborativos.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *