Actividades no Coworking Dixital CCompostela no mes de novembro

Espazo de coworking ubicado no Concello de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2026.- O espazo do Coworking, integrado na Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, no mes de novembro desenvolverá as seguintes accións :


1.– Un Taller práctico de creación e modificación de imaxes e deseños empregando IA, que se desenvolverá nos días 17 e 19 de novembro, de xeito presencial nas instalacións do coworking entre as 10.00 e as 12.00h.
No taller trataranse os seguintes puntos:

  • Creación de imaxes con modelos xeneralistas de IA: Google Gemini e ChatGPT
  • Ferramentas de IA específicas para a creación de imaxes
  • Comparativa entre distintos modelos
  • Como debe ser o prompt para que a imaxe responda ao que queremos?
  • Estilos predeterminados na creación de imaxes
  • Limitacións nos modelos: O que non poden facer (por agora)
  • Creación de variacións a partir dunha imaxe
  • Edición de imaxe con IA: Mellora da definición (upscalling), borrado e modificación de partes, extensión de imaxes.

O relator será Javier Rocamora García, profesional autónomo e Axente Dixitalizador rexistrado por Red.es para as solucións de web e presenza básica na internet, comercio electrónico, xestión de redes sociais e presenza avanzada na internet. Nesta ligazón.

2.-Dende o día 3 de novembro e ata o 18 de decembro, no coworking Dixital CCompostela estamos a desenvolver o programa formativo EMPRENDE E AVANZA:

EMPRENDEMENTO, INNOVACIÓN E TRANSFORMACIÓN TECNOLÓXICA, cofinanciado pola Fundación Incyde e o CDTI, que contará con clases grupais presenciais e titorías individuais. Neste programa os asistentes revisarán a estratexia do seu proxecto ou empresa, optimizando procesos e aplicando novas tecnoloxías para seguir medrando e non perder competitividade, sempre acompañado por un mentor especializado en cada área específica.


3.- Iniciativa de cesión de espazo sen custo no Coworking Dixital Ccompostela

Continuamos con esta promoción do espazo durante os meses de novembro e decembor, as persoas emprendedoras, autónomas e empresas poderán dispoñer ata final de ano dun espazo profesional de traballo sen ningún custo en Santiago de Compostela grazas á iniciativa posta en marcha pola Cámara de Comercio de Santiago a través do Coworking Digital Compostela.


O espazo abre as súas instalacións a pemes, microempresas e persoas emprendedoras que se atopen en procesos de transformación dixital, así como a profesionais que precisen un lugar axeitado e equipado para desenvolver a súa actividade, traballar fóra da casa, impulsar un proxecto empresarial ou establecer novas conexións profesionais.


O Coworking Digital Compostela conta con 11 postos de traballo equipados con mesa, cadeira, armario e conexión a Internet mediante fibra óptica e wifi. O espazo dispón ademais de salas de reunións, sala de presentacións, zonas de networking e áreas comúns.


Estes recursos permiten que o coworking sexa non só un lugar desde o que traballar, senón tamén un contorno desde o que empresas e persoas emprendedoras poidan aumentar a súa competitividade e desenvolver novas oportunidades de negocio.


4.-Asesoramento, consultoría e información a emprendedores e empresas de recente creación

O Coworking Dixital CCompostela ofrece unha contorna pensada para acompañar empresas e proxectos emprendedores durante os seus procesos de transformación e crecemento, non só con espazo físico senon tamén con acicóns de consultoría e asesoramento para os usuarios.


Este acompañamento permite abordar diferentes ámbitos relacionados coa actividade empresarial, desde a creación e consolidación de empresas ata a dixitalización, a innovación, a mellora da competitividade e a internacionalización.


Integrado na Rede Provincial de Coworking

O Coworking Digital Compostela forma parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativos da Deputación da Coruña, unha iniciativa que conecta diferentes espazos de coworking, viveiros e centros de negocios da provincia co obxectivo de favorecer o emprendemento, a colaboración empresarial e o desenvolvemento de novos proxectos.
A iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago enmárcase no programa PEL-RED COWORKING 2026 da Deputación da Coruña




Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *