
Espazo de coworking ubicado no Concello de Santiago de Compostela.
Emprender hoxe en día é un exercicio de risco, para valentes, para aventureiros e sobre todo para persoas con ilusións e proxectos. Cada emprendedor e emprendedora ten unha historia, todas son diferentes, pero todas e cada unha delas son interesantes, emocionantes e sobre todo cargadas de soños e esperanzas.
No Coworking Dixital Compostela, ademais da localización e espazo para desenvolver proxectos e situar empresas, traballamos no asesoramento directo aos emprendedores, isto fai que o noso traballo sexa completo na parte de creación e consolidación de empresas. Cada proxecto vén acompañado, xeralmente, dun mar de dúbidas, incerteza e sobre todo de grandes sorrisos que reflicten ilusión. Gústanos escoitarvos, e aínda que temos moito que dicir, tamén temos moito que aprender, porque cada un dos emprendedores trasládannos un novo reto, para eles e para nós.
A IDEA. AHÍ EMPEZA TODO
A idea é o inicio de todo proxecto, pero a idea por se soa non vale nada. Cada idea vai ligada á persoa que vai ser quen lle dea forma e a converta en negocio, sen persoa que desenvolva a idea non hai proxecto, é así de sinxelo, todo vai depender de como queiramos enfocarnos no seu desenvolvemento, para isto haberá que definir criterios, ver normativa e facer contas. O plan de negocio é o gran cabalo de batalla do emprendedor, se busca ter unha visión global previa da súa actividade terá que lidar co seu plan, sabemos que non é sinxelo, que ao principio todo é confuso e parece imposible, pero sabemos que podes logralo, imoste indicar como facelo e con iso poderás ir vendo os teus avances, que nun principio parecerán pequenos, pero que acabarán nun proxecto ben definido e concluínte.
O PLAN, OU O QUE É O MESMO: COMO O FAGO?
O plan de negocio vai axudar a definir esa idea inicial, a personalizala, a poñerlle nome e números, a cuantificar o investimento, os gastos, os ingresos… vai ser a proba inicial de que o teu proxecto vai por bo camiño, haberá que traballar duro, modificar algunhas cuestións iniciais que nun principio eran tan lóxicas e ao montar o proxecto varían, non pasa nada, é normal. Tamén é normal desanimarse, darse por vencido, iso pasará unhas cantas veces ao comezo deste proceso, pero se persegues ese soño e estás cargado de ilusións, seguirás adiante.

OS CARTOS. COMO ME FINANCIO?
Ao ir avanzando irás vendo que se achega a parte máis complicada, normalmente o financiamento do proxecto, chegados a este punto, buscaremos alternativas, sempre alternativas viables, sensatas e coherentes. Non hai imposibles, hai solucións, só que hai que insistir un pouco máis.
A META. CADA VEZ MÁS PRETO
Chegados a este punto xorden os medos iniciais, se botas a vista atrás parecerá que levas unha eternidade neste proceso, pero xa case está, que non renda o pánico!!
Quédanos constituírnos como empresa ou como empresario individual, tal como definimos no noso plan inicial, non hai problema, axudámosche con estes trámites iniciais, xa case está todo listo, unha vez constituída a empresa terás que promocionarche e chegar aos clientes da forma que se define no plan de márketing programado. Haberá que facer cambios, porque a realidade sempre nos vai a poñer novos retos, pero terás a capacidade de adaptarche porque é un proxecto traballado con moito entusiasmo e grandes doses de optimismo.
AGORA VÉN O BO
Xa estas en marcha, puxeches en mercado o teu produto ou servizo, agora xa sabes o que toca, falámolo durante o proceso e toca vender e facturar, o que plasmaras nun documento é unha realidade, o mellor disto é que é a realidade que buscabas, polo que pelexaches e que che quitou tantas horas de soño. Adiante!! O mellor está por chegar, custarache situarte ao principio, a sensación será estrana, pero en menos de nada estarás adaptado ou adaptada, verás que podes, irás facendote forte, tamén haberá momentos de soidade, non esquezas onde estamos, non che deixamos aínda, sairán axudas novas, normativa, novas formas de comunicarte cos teus clientes…sempre deberás estar atento porque é a clave para poder actuar a tempo e adaptarte ao mercado.
Agora xa sabes que estamos para acompañarte no proceso de creación da túa empresa, ofrecémosche a posibilidade de instalarte connosco, as veces un espazo compartido é unha boa opción, xa que compartirás inquedanzas e verás que no comenzo todo é moi similar entre os novos empresarios. Unha vez que comeces a túa andaina empresarial poñeremos á túa disposición accións formativas que poidan servirche de apoio e poderemos seguir apoiándote de xeito máis personalizado.
Se o emprendemento está nos teus plans, lembra que cada paso conta e cada desafío é unha oportunidade para aprender.
Esperámoste no Coworking Dixital CCompostela formamos parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo e ofrecemos un espazo coworking na Cámara de Comercio de Santiago

