
Espazo de coworking ubicado no Concello de Brión, especializado na transformación.
Desde o inicio do ano 2025 as colaboracións no ESPAZO COLABORATIVO “TRANSFORMANDO EN BRIÓN non fan máis que multiplicar sinerxias, proxectos, contactos, futuro…desenvolvéndose toda unha serie de ACTIVIDADES FORMATIVAS, DINAMIZADORAS e DIVULGATIVAS con outras entidades de ámbito provincial, galego e mesmo… intercontinental
1. Empezamos o ano co lanzamento de sete novos productos ao mercado, froito da aposta colaborativa pola creatividade e a investigación de varias persoas coworkers das 2 cociñas que forman parte do espazo.
2. Co apoio do AGACAL (Xunta de Galicia) e despois de varias xuntanzas formativas, estanse tramitando 6 solicitudes no rexistro de ARTESANÍA ALIMENTARIA de GALICIA, de productos elaborados no coworking, marchamo de calidade que supón unha promoción importante para os productos e as empresas que operan en Brión
3. Outra novidade para empezar o 2025 foi a aprobación e financiación de un proxecto por parte da Fundación DANIEL Y NINA CARASSO, no que colaboramos as productoras para a comercialización en común dos productos obtidos no coworking, tratando de consolidar un SISTEMA TERRITORIALIZADO DE ALIMENTOS na provincia da Coruña, apoiado por toda unha serie de entidades públicas e privadas, entre elas a propia Deputación de A Coruña. Na xornada celebrada o 12 de febreiro explicamos e acollimos a toda unha serie de entidades públicas e privadas no coworking para coordinar o proxecto.
4. A formación é unha das actividades que sempre demandan novas usuarias e empresas para poder elaborar productos nas cociñas colaborativas, tanto na línea de ELABORADOS CON MASAS como na de CONSERVAS VEXETAIS CON FROITAS E HORTALIZAS, celebrándose no mes de maio unha nova edición do CURSO DE FORMACIÓN , con 12 asistentes que compartiron coa deputada provincial, Rosa Ana García, e coa concelleira de Brión, Guarina Rey, as inquedanzas, valoracións e propostas que o coworking supón para elas.

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=25493&
5. Continuamos coas actividades de divulgación para dar a coñecer as características, requisitos, investimentos, potencialidades, método de xestión, melloras… do espazo TRANSFORMANDO EN BRIÓN entre administracións públicas e empresas privadas:
a. Desde Cabo Verde quixeron inspirarse nos modelos colaborativos para desenvolver espazos e oportunidades para a súa poboación.
b. A Fundación Acción contra el Hambre organizou unha formación online para varias entidades na que participamos como ponentes explicando a nosa experiencia .
c. No GALICIA, FORUM GASTRONÓMICO, presentamos a iniciativa do coworking TRANSFORMANDO EN BRIÓN PROXECTO “DAQUÍ DARREDOR”, xunto coas nosas veciñas productoras de carne da Comunidade de Montes de Baroña, coas que colaboramos man a man no día a día e ofertamos unha degustación de productos elaborados no espazo colaborativo de Brión, cociñados polo chef André Arzúa
https://www.facebook.com/share/p/16HPZY6Dv7
d. En BIOCULTURA repetimos a mesma actividade para o público asistente, contactando con novas productoras interesadas en sumarse ás cociñas de Brión
e. Participamos no OBRADOIRO DE HÁBITOS SAUDABLES, organizado en Padrón para público deportista, moi atento ás producións locais e á súa influencia na saúde.
f. Participamos, xunto con FEGATUR, na campaña de promoción de alimentos do Espazo colaborativo de Brión nas casas de Turismo Rural da provincia de A Coruña
https://galiciaturismorural.es/gl/blog/turismo-rural-galicia-produto-local-daquidarredor
g. Coa mocedade dos institutos de Brión, Ames e Negreira estuvemos explicándolle o valor da profesión labrega, productora e transformadora de alimentos, na FEIRA DAS PROFESIÓNS. A acollida, acompañada da degustación de conservas do coworking de Brión, foron ben importantes pola proxeción de futuro para esta rapazada no medio rural.
E seguimos multiplicando…
