Asesoramento

A Rede, o teu ecosistema de crecemento!

O acompañamento está aquí, en cada Espazo de Traballo

Todo o persoal xestor dos espazos que forman parte da Rede Provincial presta apoio e asesoramento directo aos proxectos e ás persoas coworkers aloxadas nos seus centros: resolve dúbidas do día a día, orienta sobre o desenvolvemento da idea de negocio e acompaña de forma continuada mentres se traballa no espazo.

Ademais dese acompañamento máis próximo, calquera persoa emprendedora que o desexe pode beneficiarse tamén do programa Provincia Emprendedora, un servizo gratuíto impulsado pola Deputación da Coruña para reforzar o emprendemento en toda a provincia.


Que é Provincia Emprendedora

Provincia Emprendedora é unha estratexia provincial de fomento do emprendemento, integrada dentro da propia Rede Provincial de Coworking e da liña 2 do Plan de Emprego Local (PEL Emprende). O seu obxectivo é apoiar a creación e consolidación de negocios como vía para xerar emprego estable e desenvolvemento económico no territorio.

A quen vai dirixido

  • A quen queira emprender e precise validar ou dar forma a unha idea de negocio.
  • A quen teña xa un proxecto en fase inicial e necesite apoio para maduralo antes de constituír a empresa.
  • A empresarios/as xa en activo que busquen consolidar e mellorar o seu negocio.

Que ofrece Un acompañamento integral en todas as fases do proceso, dende a validación da idea ata a consolidación da empresa. O servizo é gratuíto para as persoas usuarias, grazas ao financiamento da Deputación da Coruña e aos convenios coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

Ámbito Toda a provincia da Coruña.


Como acceder: selecciona a túa comarca

Barcala, Arzúa, Barbanza, Muros, Noia, O Sar, Santiago, Terra de Melide ou Xallas Acceso a través da Cámara de Comercio de Santiago

👉 https://www.camaracompostela.com/es/pag/provincia-emprendedora/

Coruña, Bergantiños, Betanzos, Eume, Ferrol, Fisterra, Ordes, Ortegal ou Terra de Soneira Acceso a través da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC)

👉 https://www.cec.es/impulsa-coruna-provincia-emprendedora/


Podes contactar tamén co Plan de Emprego Local no 981 415 509 ou en pel@dacoruna.gal.