Cambiando a forma de conectar coas RRSS: “De espazos barullentos a conexións significativas”

Espazo de traballo público para mentes inquedas. Apoiamos iniciativas emprendedoras locais facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos. Impulsamos novos proxectos. Apoiamos a emprendedores nos seus primeiros pasos. Cooperamos cos coworkers para chegar antes a meta e aprender xuntos.

O pasado mes de novembro tivo lugar unha formación enriquecedora no Espazo A Proa, no marco do programa Lingua e Empresa impulsado polo Concello de Ames. Esta formación, orientada á xestión de redes sociais, foi facilitada por Carolina Buján, coworker en preincubación e experta en comunicación dixital co proxecto A Masa Comunicación Artesanal.

As redes sociais como espazos de conexión

Carolina transmitiu unha idea esencial: as redes sociais non son só un “niño de información barullenta”, senón que poden converterse en espazos seguros e significativos. Neste contexto, as marcas teñen a oportunidade (e a responsabilidade) de crear lugares onde as persoas se sintan identificadas e conecten co produto ou servizo ofrecido.

A clave está en comprender que detrás de cada proxecto hai unha persoa ou un equipo, e que esa conexión humana é a que realmente fideliza e transforma o público nunha comunidade. Este enfoque permite que as marcas vaian máis aló do simple “engagement”, converténdose en referencias próximas e auténticas para o seu público.

O valor de compartir e colaborar

Un dos puntos máis destacados desta xornada foi o recordatorio de que o emprendemento, aínda que moitas veces pode parecer un camiño solitario, está cheo de oportunidades para compartir experiencias, inquedanzas e aprendizaxes con outras persoas na mesma situación.
Formacións como esta, dentro do Espazo A Proa, ofrecen un lugar onde emprendedores e emprendedoras poñen en común ideas, propoñen solucións e, sobre todo, lembran que non están soas.

Estes momentos de interacción converten aos espazos en auténticas redes de apoio e colaboración, onde as sinerxías medran de forma natural e as conexións humanas pasan a ser tan importantes como os obxectivos empresariais.

A alma detrás de cada proxecto

Carolina subliñou tamén a importancia de transmitir a esencia e a alma de cada proxecto para conectar verdadeiramente co público obxectivo. Esta visión non só axuda a diferenciarse no mercado, senón que crea un vínculo emocional duradeiro coas persoas que confían nunha marca.

Formacións e espazos de traballo coma este reafirman que o emprendemento, máis que un reto, pode ser unha viaxe enriquecedora cando nos rodeamos das persoas axeitadas e compartimos o camiño.

E ti? Como vives o teu emprendemento?

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *