Cynthia Arias Ramil
Sementando ilusión cos pés na terra
Sector: Agricultura
Sobre minDesde 2017 cultivo hortalizas xunto ó meu compañeiro Iván no Aparral (As Pontes). Víamos unha oportunidade en darlle un valor engadido ós nosos produtos e poder transformalos, pero a inversión nun centro de transofrmación para un proxecto pequeno coma o noso era inviable, por iso cando a Fusquenlla apareceu no noso camiño soupemos que este espazo era o que sempre estivéramos buscando.
Empresa: Bieiteiras
Posto na empresa: Socia
O meu proxecto no espazo Centro comarcal de desenvolvemento rural A Fusquenlla – Moeche
Bieiteiras
Sector do proxecto: Agricultura
Somos labregas por vocación, producimos froitas e hortalizas nas Pontes e transformamos os nosos excedentes no centro colaborativo da Fusquenlla.