Daniel Bañobre Dopico

Sector: Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

Sobre min

Enxeñeiro de software, administrador de sistemas e formador especializado en tecnoloxías abertas e transformación dixital. Conta con máis de dúas décadas de experiencia no desenvolvemento de software, infraestruturas tecnolóxicas, ciberseguridade e soporte a organizacións públicas, sociais e empresariais.

Ao longo da miña traxectoria desempeñei responsabilidades técnicas en proxectos complexos, combinando a dirección de arquitecturas de software coa administración de sistemas de alta dispoñibilidade. Ampla experiencia en formación tecnolóxica, alfabetización dixital e acompañamento de persoas e entidades no uso das TIC.

O meu perfil combina coñecemento técnico, capacidade estratéxica e un forte compromiso coa economía social, o software libre e a tecnoloxía como ferramenta de transformación social.

Empresa: Lindae

Posto na empresa: Fundador

Persoa emprendedora (empresa non constituída)

Logo Daniel Bañobre Dopico

O meu proxecto no espazo Coworking A Proa – Ames

Lindae

Sector do proxecto: Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

LINDAE é un proxecto que ofrece servizos TIC próximos e sostibles para entidades da economía social, administracións locais, asociacións e pequenas organizacións. Traballa con software libre e tecnoloxías abertas en ámbitos como aplicacións web, sistemas GIS, integración de datos, ciberseguridade e formación, apostando por unha transformación dixital ética, accesible e con impacto social.

Espazo actual

Contacta conmigo

Política de privacidade