Inma Gregorio

Comunicación, marketing dixital, turismo sostible e proxectos creativos

Sector: Marketing dixital, comunicación, turismo e industrias creativas

Sobre min

Profesional da comunicación, o marketing dixital e os proxectos creativos, con 15 anos de experiencia internacional ao fronte de A World to Travel, plataforma bilingüe especializada en turismo sostible, contidos dixitais e storytelling.

Ao longo da miña traxectoria traballei en estratexia dixital, SEO, comunicación e colaboracións con marcas e institucións, combinando unha visión creativa e tecnolóxica. Viaxei por máis de 60 países e actualmente desenvolvo tamén Slowly Hub, un proxecto centrado en turismo slow, comunidade, cultura, eventos e novas formas de conectar co territorio.

Compaxino esta actividade coa realización de charlas, talleres e experiencias creativas para empresas, a administración pública e espazos culturais.

Empresa: Slowly Hub / Slowly Atelier / A World to Travel

Posto na empresa: Fundadora e directora creativa

Logo Inma Gregorio

O meu proxecto no espazo Coworking A Proa – Ames

Slowly Hub / Slowly Atelier

Sector do proxecto: Industrias creativas, comunicación dixital, cultura e experiencias

Slowly Hub é unha plataforma arredor do movemento slow, a cultura, a comunidade e novas formas de descubrir, conectar e compartir iniciativas, eventos e proxectos.

Slowly Atelier é a súa liña creativa xa activa, centrada na ideación e produción de obradoiros, charlas e experiencias para marcas, administración pública, espazos culturais e proxectos interdisciplinares.

Espazo actual

Contacta conmigo

Política de privacidade