Marta Dieguez González

Sobre min

Desenvolvedora Full Stack especializada en deseño de experiencia de usuario (UX/UI), tecnoloxías web e sistemas de información xeográfica (GIS). A miña traxectoria combina desenvolvemento de software, investigación tecnolóxica e formación en competencias dixitais.

Participei en proxectos relacionados coa supercomputación, a innovación e o desenvolvemento de aplicacións web modernas, traballando con tecnoloxías como Java, Spring, Angular, Svelte, PostgreSQL ou Oracle. Ademais, conto con experiencia docente en informática, robótica e capacitación dixital en contornas educativas e sociocomunitarias.

En LINDAE achego unha visión centrada nas persoas usuarias, na accesibilidade e no deseño de solucións tecnolóxicas útiles, intuitivas e adaptadas ás necesidades reais das organizacións.

Posto na empresa: Fundadora

Persoa emprendedora (empresa non constituída)

Logo Marta Dieguez González

O meu proxecto no espazo Coworking A Proa – Ames

Lindae

Sector do proxecto: Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC)

LINDAE é un proxecto que ofrece servizos TIC próximos e sostibles para entidades da economía social, administracións locais, asociacións e pequenas organizacións. Traballa con software libre e tecnoloxías abertas en ámbitos como aplicacións web, sistemas GIS, integración de datos, ciberseguridade e formación, apostando por unha transformación dixital ética, accesible e con impacto social.

Espazo actual

Contacta conmigo

Política de privacidade