Marta Trigás Arias
Marta Trigás Arquitectura-Sostenibilidad-Passivhaus
Sector: Arquitectura
Sobre min“Que unha construcción minimice as súas emisións de CO2 ó mesmo tempo que maximiza a comodidade dos seus inquilinos e lles proporciona un aforro considerable nas facturas é bo para as persoas e tamén para a natureza.
Sobre esta idea susténtase o proxecto Marta Trigás: arquitectura, sostibilidade, passivhaus, un estudio de arquitectura innovador que ten como obxectivo construir edificacións de gran calidade e máxima eficiencia (edificios de consumo casi nulo ou nZEB), reducindo a súa pegada ecolóxica durante a súa construcción e a súa vida útil.
Esto é posible grazas á implementación dun sistema de traballo propio baseado nas relacións entre os materiales, constructores, clientes e arquitectos, seguindo os criterios do deseño bioclimático e do estándar Passivhaus.
En paralelo, o estudio realiza consultorías cun dobre obxectivo: por un lado, asesorar ós seus clientes para que os proyectos alcancen a máxima eficiencia enerxética e logren a certificación Passivhaus; por outro, facer chegar á sociedade a posibilidade de que as construccións xeren un impacto positivo.
Marta Trigás: arquitectura, sostibilidade, passivhaus, é a demostración de que unha forma diferente de construir é posible. Unha forma que é respetuosa cas persoas e co planeta, que promove a economía local, que potencia o uso dos recursos naturais do entorno de forma lóxica, ecolóxica y sostible, e que, en definitiva, favorece unha forma de vivir en armonía co mundo.
A clientela fórmana aqueles particulares que queren construir, rehabilitar ou reformar a súa vivenda; empresas promotoras, inmobiliarias e constructoras que intermedien entre o cliente particular e o equipo promotor; outros despachos de arquitectura sin experiencia en sostibilidade; e a Administración, a través dos seus concursos e licitacións.
En relación ós seus públicos, Marta Trigás: arquitectura, sostenibilidad, passivhaus realiza unha importante actividade didáctica nas súas comunicacións a través dos diferentes medios online e offline para achegar este novedoso sistema constructivo a toda a sociedade co obxectivo de dalo a coñecer, potencialo e crear conciencia.
Desta forma Marta Trigás: arquitectura, sostenibilidad, passivhaus consegue proxectos únicos, adaptados non só ó cliente senón á contorna na que se ubican. Seguindo os criterios do deseño bioclimático e do estándar Passivhaus, ditas construccións logran reducir as demandas de calefacción e refrixeración, as emisións de CO2 e o consumo de enerxía primaria, independentemente da incorporación de fontes de enerxía renovable (fotovoltaica, eólica, xeotérmica, solar-térmica ou biomasa) ou de sistemas domóticos para o control enerxético e de seguridade.”
Empresa: Marta Trigás Arquitectura-Sostenibilidad-Passivhaus
Posto na empresa: CEO
Novo/a empresario/a (empresa constituída)

O meu proxecto no espazo Coworking Pazo de Arenaza
Marta Trigás Arquitectura-Sostenibilidad-Passivhaus
Sector do proxecto: Arquitectura