Thais Núñez Ferro
Intervención en Terapia Gestalt e Arteterapia
Sector: Saúde, crecemento e benestar
Sobre minSon Thais Núñez, desfruto do traballo en comunidade e da creación de redes de apoio.
A miña formación académica comezou na Universidade de Santiago de Compostela, onde estudei Traballo Social e Maxisterio, especializándome posteriormente cun Máster en Igualdade de Xénero.
Como parte do meu crecemento persoal, completei dous posgraos: un en Terapia Gestalt e outro en Intervención Creativa e Arteterapia, ambos con títulos recoñecidos pola Asociación Española de Terapia Gestalt (AETG).
Así mesmo, complementei a miña formación con diversas experiencias psicoterapéuticas, entre as que se inclúe a participación no Programa SAT: Psicoterapia Integrativa e o Eneagrama, así como talleres sobre Morte-Duelo-Vida, Musicoterapia, Teatro Terapéutico e Psicodrama, que enriquecen a miña práctica profesional e a abordaxe integradora do apoio terapéutico.
Empresa: Damán
Posto na empresa: Xerente

O meu proxecto no espazo Coworking A Proa – Ames
Damán
Sector do proxecto: Saúde, crecemento e benestar
En DAMÁN ofrecemos un espazo de soporte emocional para aqueles procesos vitais que resulten difíciles de transitar en soidade. Prestamos especial atención no acompañamento aos procesos de perda, no dó, na depresión e na prevención do suicidio, áreas nas que contamos cunha particular sensibilidade e experiencia.
O noso obxectivo é proporcionar apoio especializado e respectuoso en situacións de gra


