Verónica Fonterosa Frías

Deseño e implementación de proxectos socio-culturais, socio-educativos e de educación ambiental.

Sector: Educación Social

Sobre min

Son Verónica, particular de Caldelas de Tui, Comarca do Baixo Miño.
Considérome unha entusiasta da natureza, o cinema e das causas sociais.

Estudei o Ciclo Superior de Produción audiovisual e de espectáculos no IES Audiovisual de Vigo e o Grado de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo o título de Pedagoga en setembro de 2021.

Movida polas miñas motivacións persoais e profesionais, decidín adicar o meu traballo de fin de grado á creación dunhas xornadas para potenciar pensamento crítico a través da mensaxe audiovisual. Pois, dende unha visión pedagóxica pareceume pertinente indagar e contribuir a desenvolver unha cultura de pensamento crítico ante as constantes e continuos mensaxes audiovisuais cada vez máis presentes na forma de relacionarse da sociedade occidental. Pretendendo así, habilitar un espazo de diálogo, debate e reflexión entorno a diferentes contidos audiovisuais, onde a filosofía e o pensamento crítico recuperen o lugar que se merecen na nosa sociedade. Derivado deste TFG, xorde a idea de emprender nesta materia.

Empresa: Proxecto: Cine, sociedade de consumo e feminismo

Posto na empresa: Creadora

Logo Verónica Fonterosa Frías

O meu proxecto no espazo Coworking A Proa – Ames

Cine, sociedade de consumo e feminismo

Sector do proxecto: Educación socio-cultural

Os meus servizos oriéntanse ao ámbito socioeducativo e sociocultural, que inclúe o plantexamento, deseño, implementación e evaluación de proxectos, programas, obradoiros, charlas, formacións, etc. dirixidos a diferentes entidades (centros educativos, bibliotecas, campamentos e escolas de tempo libre, festivais de cinema, asociacións, concellos, etc).

Espazo actual

Contacta conmigo