Rede Coworking Fest 2024
Do 16 ao 22 de setembro

Do 16 ao 22 de setembro, organizaranse diferentes eventos nos espazos da Rede Provincial de Coworkings da Coruña para celebrar o Rede Coworking Fest. Preto de 100 horas de eventos: formacións, obradoiros, visitas, conferencias, xornadas de portas abertas, asesoramento, cursos e ata unha feira labrega!
Consulta a listaxe de eventos e súmate a esta experiencia única!
Listaxe de eventos
LUNS, 16 DE SETEMBRO
![]() Estimulación do espírito emprendedor![]() ![]() ![]() Cales son as motivacións e os límites para emprender? Cales son as claves do éxito dunha persoa emprendedora? Con que apoios conto para crear unha empresa? Durante esta charla responderemos a estas preguntas e cuestionaremos moitos mitos arredor do mundo do emprendemento. Dunha forma amena e cunha metodoloxía participativa, durante a charla estimularase o espírito emprendedor e valoraranse as capacidades de cada participante para traballar por conta propia, en solitario ou con outras persoas. |
![]() Como se entra ao mercado?![]() ![]() ![]() Dirixido a emprendedor@s, empresas e calquera outra persoa interesada. Curso gratuíto de 12 horas. 1. Que teño para vender? – Valor propio e valor engadido. – Bases de investigación de mercado. 2. Quen quere vender? – O valor propio do emprendedor: creatividade e intelixencia emocional. – A motivación de emprender: por que? 3. Cando e onde? – Non todos os mercados son iguais: clientes e clientes. |
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Dirixido a persoas emprendedoras e empresas da provincia. Visita guiada polas instalacións e explicación de oportunidades de negocio no territorio. |
![]() Encontro emprendemento en feminino![]() ![]() ![]() – Visibilizar o impacto do Emprendemento Feminino: destacar a importancia e o impacto positivo do emprendemento feminino na economía e a sociedade. Promover a igualdade de oportunidades e subliñar as contribucións únicas que as mulleres achegan ao mundo empresarial. – Fomentar a colaboración entre mulleres emprendedoras: observando obstáculos ou desafíos cos que se atopan no emprendemento. Facilitando o intercambio de ideas, experiencias e potenciando sinerxías que permitan ás emprendedoras alcanzar metas comúns. |
![]() Obradoiro de xestión do estrés para emprendedoras![]() ![]() ![]() O obxectivo deste obradoiro para emprendedoras e empresarias é buscar o equilibrio entre o corpo, a mente e as emocións, para aprender a xestionar a presión e o estrés persoal, familiar e laboral do día a día. A través de diferentes exercicios, movementos, estiramentos, colocación do corpo e a meditación guiada, conseguirás desconectar do estrés e a presión laboral e familiar. Para empezar, só tes que traer unha manta, unha esterilla, un coxín, calcetíns e auga. |
MARTES, 17 DE SETEMBRO
![]() Workshop: As bases do teu plan de marketing![]() ![]() ![]() Formación para dar forma ás bases do Plan de Marketing. Farase un percorrido polo produto ou servizo, o prezo, as canles de venta e a comunicación. Aprenderase, ademais, sobre a estrutura que debe ter o Plan de Marketing e sobre as principais decisións que se deben tomar. O obxectivo final é que se aprenda a tramar un Plan de Marketing para implementar e así lograr os obxectivos de ventas e comunicación. |
![]() Obradoiro de xeración e maduración de ideas de negocio![]() ![]() ![]() Tras analizar o perfil emprendedor, toca analizar a viabilidade dunha idea de negocio. Se non tes ningunha non te preocupes, porque durante o taller veremos cales son as fontes para dar cunha idea que nos parece interesante. A continuación, utilizaremos o método CANVAS para analizar dunha forma sinxela e con moitos exemplos, se a nosa idea resulta viable. Dos fracasos tamén se aprende, así que tamén se poñerán exemplos de ideas que non cumpran cos parámetros analizados no CANVAS. |
![]() Visita a horta de Pablo Fuentes, coworker do espazo![]() ![]() ![]() Visita aberta a produtoras e consumidoras á Horta de Pablo Fuentes na parroquia de Os Ánxeles (Brión), para coñecer a unha persoa moza que reorientou a súa vida profesional aproveitando os recursos hortofrutícolas, ademais de participar no Mercado Labrego de Brión e de ser un dos coworkers primeiros do espazo colaborativo. |
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Ven a coñecer as instalacións deste coworking e comparte un café e doces artesáns producidos na Capela coas persoas xestoras e coworkers deste centro. Descubrirás un ambiente de traballo único, un entorno tranquilo en plena natureza e coñecerás a nosa comunidade… |
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Dirixido a persoas emprendedoras e empresas da provincia. Visita guiada polas instalacións e explicación de oportunidades de negocio no territorio. |
![]() Asistencia novos emprendedores![]() ![]() ![]() Asistencias gratuítas de 1 hora de duración para consultas relacionadas con calidade e organización de proxecto empresarial. As asistencias terán lugar previa cita. |
MÉRCORES, 18 DE SETEMBRO
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Visita das instalacións así coma asesoramento de oportunidades de negocio e emprendemento na zona. |
![]() Xornada de portas abertas para persoal técnico![]() ![]() ![]() Xornada de portas abertas dirixida ao persoal técnico dos concellos da provincia de A Coruña para visitar o Coworking Transformando en Brión, e poder compartir modelos de xestión, propostas de colaboración entre concellos interesados nestes espazos alimentarios, dificultades plantexadas nestes centros, etc. |
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Dirixido a persoas emprendedoras e empresas da provincia. Visita guiada polas instalacións e explicación de oportunidades de negocio no territorio. |
![]() Asistencia novos emprendedores![]() ![]() ![]() Asistencias gratuítas de 1 hora de duración para consultas relacionadas con calidade e organización de proxecto empresarial. As asistencias terán lugar previa cita. |
![]() Encontro emprendemento en feminino![]() ![]() ![]() – Visibilizar o impacto do Emprendemento Feminino: destacar a importancia e o impacto positivo do emprendemento feminino na economía e a sociedade. Promover a igualdade de oportunidades e subliñar as contribucións únicas que as mulleres achegan ao mundo empresarial. – Fomentar a colaboración entre mulleres emprendedoras: observando obstáculos ou desafíos cos que se atopan no emprendemento. Facilitando o intercambio de ideas, experiencias e potenciando sinerxías que permitan ás emprendedoras alcanzar metas comúns. |
XOVES, 19 DE SETEMBRO
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Dirixido a persoas emprendedoras e empresas da provincia. Visita guiada polas instalacións e explicación de oportunidades de negocio no territorio. |
![]() Asistencia novos emprendedores![]() ![]() ![]() Asistencias gratuítas de 1 hora de duración para consultas relacionadas con calidade e organización de proxecto empresarial. As asistencias terán lugar previa cita. |
![]() Xornada de introdución á contratación pública![]() ![]() ![]() Durante esta xornada explicaranse os seguintes conceptos básicos sobre contratación pública: – A Plataforma de Contratación do Sector Público. – A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia. – Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado (ROLECE). – Clasificación de contratos (CPVs). – Pregos: cláusulas administrativas (PCAP) e técnicas (PTT). – Solvencia técnica e solvencia económica. – Procedemento de licitación. |
![]() Obradoiro de mentalidade e vendas![]() ![]() ![]() – Recoñecer e abordar bloqueos mentais e emocionais que obstaculizan o seu éxito nas súas vendas. – Coñecer a estructura de vendas: recibirán pautas breves sobre como iniciar, desenvolver e pechar unha chamada de vendas de maneira exitosa, maximizando así as oportunidades de conversión nun tempo limitado. – Abordar obxeccións comúns: recibirán consellos rápidos sobre como responder de maneira eficaz ás preocupacións e dúbidas dos clientes, transformando as obxeccións en oportunidades. |
![]() As Pontes industrial![]() ![]() ![]() Durante esta mañá as persoas participantes terán ocasión de visitar as instalacións do Green Coworking, a central de gas de Endesa e escoitar unha charla a cargo do concelleiro da área de industria do Concello das Pontes sobre a situación industrial deste Concello. |
VENRES, 20 DE SETEMBRO
![]() Innovación aberta e cocreación para construír solucións a retos empresarias![]() ![]() ![]() Esta xornada ten como obxectivo que as persoas participantes adquiran coñecementos prácticos sobre o proceso de innovación de solucións a desafíos empresariais plantexados. Mediante procesos guiados e a través de metodoloxías e ferramentas baseadas en Design Thinking, as persoas participantes aprenderán un enfoque sistemático e creativo para identificar oportunidades, xerar ideas innovadoras e deseñar solucións viables a distintos retos empresariais plantexados. |
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Dirixido a persoas emprendedoras e empresas da provincia. Visita guiada polas instalacións e explicación de oportunidades de negocio no territorio. |
![]() Asistencia novos emprendedores![]() ![]() ![]() Asistencias gratuítas de 1 hora de duración para consultas relacionadas con calidade e organización de proxecto empresarial. As asistencias terán lugar previa cita. |
![]() Coñecendo a industria artesanal: Bellatore![]() ![]() ![]() A empresa de A Estación Bellatore, adicada á fabricación de espadas feitas a man para a recreación histórica, amosa ao público o seu proceso produtivo. |
![]() Coñecendo a fotografía: Yago Álvarez![]() ![]() ![]() O coworker Yago Álvarez, fotógrafo profesional, amosa ao público o seu proceso de traballo. |
![]() Xornada de portas abertas![]() ![]() ![]() Visita guiada polas instalacións deste espazo de transformación agroalimentaria e explicación do seu funcionamento. |
DOMINGO, 22 DE SETEMBRO
![]() Feira labrega![]() ![]() ![]() Feira na que as persoas usuarias do obradoiro colaborativo Transformando en Brión, agrupadas na asociación Daquí Darredor, xunto co Concello de Brión organizan un encontro con artesáns, persoas consumidoras, potenciais coworkers, administracións, etc. |