Descubrindo o emprendemento: a visita do CEIP de Carreira ao Coworking da Pobra

Espazo de coworking ubicado no Concello de Boiro.

Unha mañá diferente para aprender sobre o mundo do traballo

No Lab Barbanza de Boiro, o emprendemento florece a partir das sinerxías entre espazos públicos e proxectos innovadores. A recente colaboración co Obradoiro de Emprego de xardinería e forestal deu lugar á incorporación de novas iniciativas baixo a modalidade de preincubación e incubación no coworking e viveiro de empresas. Estes proxectos exemplifican como é posible transformar paixóns e coñecementos en oportunidades de negocio sostibles e con impacto positivo na comunidade.Pensando no futuro: de soños a ideas de negocio

Pensando no futuro: de soños a ideas de negocio

A visita iniciouse cunha dinámica participativa na que os nenos e nenas reflexionaron sobre as profesións que lles gustaría desempeñar no futuro. O exercicio evolucionou cara á reflexión sobre como converter esas profesións en proxectos empresariais.

Deste xeito, xurdiron ideas creativas como unha empresa de asistencia domiciliaria fundada por varias enfermeiras, unha academia de idiomas virtual creada por profesoras, arquitectos, youtubers, programadores e deseñadoras gráficas. Esta fase inicial da actividade permitiulles entender que o emprendemento pode ser unha opción real para o seu futuro profesional.

Coñecendo o Coworking: un espazo de traballo colaborativo

Tras esta primeira parte, os escolares exploraron os distintos espazos do coworking. Durante o percorrido, tiveron a oportunidade de visitar a sala de traballo, onde Sonia, unha deseñadora gráfica usuaria do coworking, lles explicou en que consistía o seu traballo e amosoulles algúns dos seus deseños.

Os nenos e nenas puideron facerlle preguntas e descubrir de primeira man como funciona o deseño gráfico como saída profesional, ademais de comprender a importancia da creatividade e da formación neste sector.

Aprendendo a negociar: xogos de rol sobre emprendemento

Para finalizar a visita, os escolares participaron nunha sesión de xogos de rol na sala de xuntas do coworking. A actividade consistiu en representar unha negociación entre un arquitecto e un cliente, quen era o director dun futuro hotel na Pobra.

A través deste exercicio, os alumnos e alumnas aprenderon a importancia da comunicación, da escoita activa e da capacidade para chegar a acordos no mundo empresarial.

Reflexión final: unha experiencia enriquecedora

A visita ao Coworking da Pobra resultou unha experiencia enriquecedora tanto para os escolares como para o propio espazo de traballo. Actividades como esta contribún a fomentar a cultura emprendedora desde idades temperás e permiten que a mocidade descubra que existen distintas formas de desenvolver unha carreira profesional, máis alá do emprego tradicional.

Desde o Coworking da Pobra, seguimos apostando por este tipo de iniciativas dentro da nosa estratexia de “Educación para o Emprendemento”, co obxectivo de achegar o mundo laboral e o emprendemento ás novas xeracións.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *