Oleiros acolleu unha xornada de innovación, debate e proxectos tecnolóxicos para celebrar o décimo aniversario dunha das iniciativas europeas de referencia.
O Pazo de Arenaza de Oleiros foi, o pasado 27 de maio, escenario dunha xornada especial: a celebración do décimo aniversario da Startup Europe Week. Máis de trinta persoas do ecosistema emprendedor e tecnolóxico galego reuníronse baixo o eixo da intelixencia artificial e a transformación dixital.
Juan Diego Pereiro Areán e Carla Carballo Villar foron os encargados de dar a benvida e enmarcar o espírito do día: xerar conexións reais entre empresas, entidades, profesionais e talento novo do ecosistema galego.
Tech Angels: inversión con criterio e experiencia
A primeira intervención foi a cargo de Jesús Lage, membro do Comité de Dirección e responsable de Emprendemento no Clúster TIC Galicia. Lage presentou o programa Tech Angels, que conecta startups tecnolóxicas con inversores e expertos capaces de achegar non só financiamento, senón tamén coñecemento sectorial e acompañamento estratéxico.

Catro proxectos galegos que transforman sectores
O segundo bloque da xornada puxo o foco en proxectos innovadores que demostran como a tecnoloxía e a IA están a redefinir industrias moi diversas:
- Global Eco Transfer presentado pola sua fundadora Dayana Barrera Farías, un proxecto de mobilidade, sostibilidade e servizo profesional unidos para repensar sectores tradicionais dende a eficiencia e a redución de emisións.
- Aethenova IA coa representación do seu CEO Gerardo García Yebra, empresa de Intelixencia artificial aplicada ao ámbito financeiro e empresarial: ferramentas concretas para analizar, decidir e xestionar mellor.
- Qaroní coa sua responsable de licitacións Rocío Bardón que presenta a empresa de software, solucións dixitais e integración de IA, datos e experiencia de usuario desenvolvidos dende Galicia.
- Igalia coa presenz dos seus socios Ana Rute Mendes e Xabier Rodríguez Calvar. Nacida en A Coruña, referente internacional en software libre e tecnoloxías web open source. Un exemplo de innovación global con raíces galegas.
World Café: o coñecemento flúe en dúas direccións
Un dos momentos máis valorados da xornada foi o World Café. En grupos reducidos, os asistentes conversaron directamente con emprendedores de éxito, compartindo dúbidas, experiencias e aprendizaxes nun ambiente informal e colaborativo. O formato rompeu a dinámica unidireccional das ponencias tradicionais: aquí o coñecemento circulou en ambas as direccións.
Claves para achegarse á inversión
Manuel García García, mentor experto da CEC no Programa Provincia Emprendedora, abordou unha das preguntas máis recorrentes no ecosistema startup: por que a inversión non sempre chega, aínda cando o proxecto é bo?
Peche institucional: a Deputación aposta polo ecosistema
Rosa Ana García, deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica da Deputación da Coruña, puxo o broche final á xornada. Na súa intervención destacou o valor de espazos como o Pazo de Arenaza para potenciar o emprendemento provincial e consolidar Galicia como territorio innovador, e reivindicou o papel do PEL e a Rede Provincial de Espazos de Traballo como ferramentas ao servizo das persoas e dos proxectos.
A xornada rematou cun espazo de networking que prolongou as conversas máis aló da parte formal: intercambio de contactos, exploración de colaboracións e a continuación de debates que, sen dúbida, seguirán dando froitos no ecosistema tecnolóxico e emprendedor galego.






