Encontro de Benestar na Rede: cando o emprendemento e o coidado camiñan da man

Espazo de traballo público para mentes inquedas. Apoiamos iniciativas emprendedoras locais facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos. Impulsamos novos proxectos. Apoiamos a emprendedores nos seus primeiros pasos. Cooperamos cos coworkers para chegar antes a meta e aprender xuntos.

Do 15 ao 21 de setembro, o Espazo A Proa (Ames) acolleu unha das citas máis especiais do Coworking Fest 2025: o I Encontro de Benestar na Rede, unha proposta que puxo no centro o equilibrio entre benestar, conexión e emprendemento.

Baixo o lema “Benestar e conexión como motores do emprendemento”, a actividade desenvolveuse en formato híbrido —presencial en cada coworking e con conexión común por Zoom— unindo tres espazos da Rede: A Proa (Ames), o Coworking da Pobra do Caramiñal e o Pazo de Arenaza (Oleiros).

Unha iniciativa colaborativa con tres acentos

O obxectivo principal do encontro foi presentar un proxecto colaborativo no sector do benestar, achegando aos participantes prácticas sinxelas de presenza, dinámicas de conexión e ferramentas útiles para o día a día.

Cada espazo sumou talento e enerxía ao programa:

Pazo de Arenaza (Oleiros): coordinación de Carla Carballo Villar e Paula Vázquez, con Beatriz Lema como facilitadora do obradoiro “Benestar e Sustentabilidade”.

Espazo A Proa (Ames): coordinación a cargo de Nieves Iglesias Lopardo, coa colaboración do coworker Juan Magariños, facilitador do obradoiro presencial “A Arte de Soltar”.

Coworking da Pobra do Caramiñal: coordinación de Fátima Rodríguez Figueiras e o obradoiro “Emocions que emprenden” impartido por Nancy Silva.

O contido e as dinámicas

Durante a sesión traballáronse:

  • Técnicas de presenza e xestión emocional.

  • Claves de benestar aplicadas ao emprendemento.

  • Reflexión sobre sustentabilidade e cooperación como bases dun ecosistema saudable.

A xornada combinou presentacións de proxectos, exercicios prácticos de consciencia corporal e momentos de diálogo aberto, rematando cun petisco compartido que favoreceu a conversa e as sinerxías.


Conclusións e impacto

O I Encontro de Benestar na Rede foi valorado moi positivamente polas persoas participantes, destacando:

  • A aprendizaxe compartida e o ambiente relaxado.
  • A oportunidade de descubrir novos espazos e proxectos.
  • A combinación perfecta entre coidado persoal, conexión profesional e creatividade colectiva.

O evento cumpriu plenamente os seus obxectivos, fortalecendo a Rede de Espazos, creando novas sinerxías e sentando as bases dun modelo replicable en futuros encontros.

A cooperación, o apoio mutuo e a presenza consciente son motores fundamentais dun ecosistema máis humano e sostible

Este primeiro Encontro de Benestar na Rede marca o inicio dun camiño que promete seguir medrando e inspirando a toda a comunidade.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *