
Aprende a tramitar as túas subvencións con éxito: caso práctico EMEGA 2026
Unha sesión pensada para mulleres emprendedoras e persoas interesadas en solicitar subvencións, onde se explicará de forma práctica como preparar e presentar unha axuda pública, tomando como exemplo a convocatoria EMEGA 2026.
Que veremos?
David; Explicará como presentar unha subvención paso a paso, os aspectos clave da tramitación e os erros máis habituais que convén evitar.
Ana: Aportará a visión dunha xestoría profesional: cando compensa presentar unha axuda, que documentación adoita requirirse e como valorar se realmente “cunde” ou non solicitala.
Juan Diego: Presentará unha Gema creada especificamente para a formación, coa que as asistentes poderán resolver dúbidas, consultar requisitos e obter axuda personalizada para preparar a súa solicitude.
Inscríbete aqui: https://campus.redecoworking.pel.gal/live-webinar/subvenciones-2026/register

