
Curso de Comercialización e Mercados de Produtos Ecolóxicos
24 Xullo @ 16:00 - 21:00
O programa ECOBIOS NEXT ofrece un curso gratuíto sobre comercialización e mercados de produtos ecolóxicos dirixido a persoas traballadoras en activo de calquera sector (público, privado e autónomas).

Onde e cando O curso celébrase entre o 5 de xuño e o 4 de setembro de 2026.
Formato e duración: 90 horas en total: 15 horas presenciais e 75 horas en liña. Os días presenciais son o 5 de xuño, o 24 de xullo e o 4 de setembro, en horario de 16h a 21h. O resto do tempo o curso realízase de forma online, con algunhas sesións virtuais na plataforma de formación.
Que aprenderás
- Comercialización e mercados de produtos ecolóxicos
- Empresa e emprendemento: financiamento, fiscalidade e apoio a emprendedores
- Creación de plans de negocio e estudo de mercados
- Igualdade de oportunidades
- Comunicación e liderado
