
- Este evento pasou.
Fala coa IA como unha persoa experta: prompting práctico para pasar de usuario básico a profesional estratéxico
2 Xullo @ 16:30 - 18:00
De balde
📅 Xoves, 2 de xullo
🕟 16:30 – 18:00 h
📍 Coworking Miño – Aula de formación (3ª planta)
Usas a IA pero sentes que non lle estás sacando todo o partido? Este taller é para ti.
En 90 minutos de prompting práctico aprenderás a comunicarte coa intelixencia artificial de forma clara, efectiva e estratéxica — sen tecnicismos, con exemplos reais do teu día a día profesional.
O que te levas:
- Entender de verdade como “pensa” a IA e por que responde como responde
- Técnicas de prompting para obter resultados útiles desde o primeiro intento
- Metaprompts: como usar a propia IA para construír mellores instrucións
- Casos prácticos aplicables ao teu traballo desde o mesmo día
Para quen é: profesionais con contacto previo con ferramentas de IA (ChatGPT, Copilot, Gemini…) que queren dar o salto de usuario básico a profesional estratéxico.
Formato: taller participativo, experimental, sen presentacións aburridas.
