Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Gravación do Podcast Mar de Fondo

8 Xullo @ 10:00 - 11:00

Neste segundo episodio de Mar de Fondo, viaxamos máis alá da superficie do emprendemento tradicional para poñer o foco na innovación tecnolóxica e na sustentabilidade do noso territorio.

Conversamos con Marcos Estévezenxeñeiro forestal e fundador de Amonte, un proxecto que naceu dende a preincubación no Espazo A Proa e hoxe é unha SL consolidada que colabora activamente co Concello de Ames na prevención de incendios.

Que descubrirás neste episodio?

Xemelgos Dixitais: Como o uso de drons, intelixencia artificial e tecnoloxía LiDAR permite pescudar o monte baixo as árbores para calcular a biomasa e optimizar a xestión forestal.

Alternativa Sostible: Un modelo de negocio win-win (custo inicial cero para o propietario) baseado nunha xestión próxima á natureza e na certificación FSC/PEFC.

Emprendemento sen filtros: Os retos reais de xestión, o liderado de equipos e a importancia de facer comunidade a través do banco de tempo do coworking.

🎧 Estrea: Último venres de xullo en Spotify e YouTube.

Detalles

Recinto

  • Coworking A Proa – Ames
  • Rúa Hedras, 2 Milladoiro
    Ames, A Coruña 15895 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 690368564