
IA que traballa para a túa PEME. De preguntar a automatizar
24 Novembro @ 17:00 - 19:00
De balde
Para quen é este evento?
Para persoas emprendedoras, autónomas e empresas que queiran coñecer o ecosistema da IA, vantaxes e utilidades para a xestión empresarial.
Que imos facer?
Nun taller práctico veremos como pasar de facerlle preguntas á IA a poñela a traballar para o teu negocio. Comezaremos polo básico: que ferramentas existen e como sacarlles partido no día a día. Despois veremos exemplos reais de automatización de tarefas habituais dunha peme, como a xestión de correos, documentos, atención ao cliente ou xeración de contidos.
Quen facilita a sesión?
Raúl Molinos, de SILO – Science & Innovation Link, especialista en innovación e aplicación da intelixencia artificial na empresa.
Que vas levar destas sesións?
- Unha visión clara do ecosistema actual da IA e das ferramentas máis útiles para unha peme.
- Ideas concretas para aforrar tempo en tarefas repetitivas.
- Exemplos prácticos que poderás aplicar no teu negocio dende o día seguinte.
- Criterios para comezar a automatizar procesos de forma sinxela e segura.
Reserva a túa praza
13 Asistirei
Inscríbite aquí
Detalles
- Data: 24 Novembro
- Hora: 17:00 - 19:00
- Custe: De balde
- Categoría do Evento: LAB Barbanza
Recinto
- Lab Barbanza
- Polígono Industrial de Espiñeira, Parcela número 20
Boiro, A Coruña 15930 Spain + Google Map - Teléfono 981844800
