Cargando eventos

« Todos os eventos

Vender sen perseguir clientes

19 Novembro @ 10:00 - 12:00

– Que imos facer?

Saír a vender é unha das tarefas que máis conflicto provoca a profesionais e emprendedores. Incomoda, posponse, xera inseguridade e cando por fin se fai adoita ser porque se necesitan pechar vendas canto antes.

Nesta formación aprenderás a construír unha Carteira Intelixente de Servizos e Produtos deseñada para acompañar todo o percorrido do cliente: desde que entra en contacto contigo por primeira vez, ata que compra, repite ou avanza cara a unha solución de maior valor.

Veremos como ordenar a túa oferta para que cada servizo ou produto teña unha función comercial concreta.

– Facilitar a entrada de novos clientes

– Reducir a resistencia á primeira compra

– Evitar que todas as túas vendas dependan exclusivamente do teu servizo máis caro

– Deixar de inventar propostas cada vez que alguén novo chama á túa porta.

– Quen imparte a sesión?

Mariam Veiga, especialista en marca persoal e visibilidade profesional, que acompaña a profesionais e persoas emprendedoras no proceso de converter o seu nome nun activo capaz de xerar recoñecemento, confianza e novas oportunidades de negocio.

A través dunha metodoloxía práctica e orientada á acción, Mariam axuda a profesionais que queren gañar relevancia no seu sector, comunicar con maior claridade o valor que achegan e construír unha presenza profesional sólida, diferencial e coherente cos seus obxectivos.

– Que vas levar da sesión?

Poderás analizar se a túa oferta actual che axuda realmente a vender ou se, pola contra, che está esixindo facer demasiado esforzo comercial.

Sairás con claridade sobre que podería funcionarche mellor como porta de entrada e que deberías ofrecer despois.

E tamén sobre que necesitas cambiar para que a túa oferta che axude a vender e que posibilidades de fidelización tes a partir do que xa sabes facer.

– Para quen é este evento?

Para profesionais independentes, pequenos negocios de servizos e persoas emprendedoras que:

– Senten rexeitamento ou incomodidade á hora de «saír a vender»;

– Dependen demasiado do boca a boca;

– Non teñen unha estrutura comercial clara;

– Venden solucións a medida para cada cliente;

– Necesitan xerar máis recorrencia e traballar mellor a relación comercial.

Detalles

Recinto

  • Coworking A Proa – Ames
  • Rúa Hedras, 2 Milladoiro
    Ames, A Coruña 15895 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 690368564