![](https://redecoworking.pel.gal/wp-content/uploads/2024/03/GREEN-COWORKING-VERMELLO.png)
Espazos de traballo colaborativo da rede provincial en As Pontes.
O Green Coworking celebrou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o seu espazo de traballo a todo o empresariado das Comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.
Esta xornada caracterizouse principalmente pola organización de varios networkings coas persoas emprendedoras que puideron coñecer as iniciativas empresariais que se están levando a cabo nas nosas localidades relacionadas coas enerxía renovables e o hidróxeno.
Tamén celebramos unha visita empresarial a Central Térmica de Ciclo Combinado que ten a empresa Endesa-Enel en As Pontes, onde se explicou o funcionamentodeste tipo de industria que na actualidade traballa principalmente con gas procedente da empresa Reganosa, outra empresa da nosa comarca.
![](https://redecoworking.pel.gal/wp-content/uploads/2024/10/FOTO-3-1.jpg)
Para finalizar, contamos con variasconferencias, a primeira de Jose Luis Menéndez Lolo, director de relacións institucionais do Noroeste, da empresa Endesa, que explicou cales son os plans da empresa para As Pontes, tanto no relacionado co desmantelamento da Central Térmica de Carbón, coma coa implantación de novas iniciativas empresariais, que se asentaránen breve neses terreos.
A segunda charla correu a cargo de Ana Pena, Concelleira de industria de As Pontes, que explicou a situación actual das empresas locais, o seus plans de crecemento de cara os vindeiros anos, así como o estado dos grandes proxectos tractores que están previsto se instalen en As Pontes, no futuro.
Unha xornada que foi todo un éxito pola gran acollida que tivo entre o empresariado, e a importancia que ten para nós que a xente visite o Green Coworking.
De todos os xeitos, cabe destacar que as xornadas de portas abertas, son esencias para poder dar a coñecer o traballo que se fai nos espazos coworkings. As principais vantaxes son:
![](https://redecoworking.pel.gal/wp-content/uploads/2024/10/FOTO-2-1.jpg)
Visibilidade: permiten transmitir unha imaxe profesional deste tipo de espazos de traballo.
Redes de traballo e Networkings: fomentan a creación de relacións entre as distintas empresas e poden abrir oportunidades para futuros negocios.
Servizos prestados: a través deste tipo de eventos, se pode dar a coñecer os servizos que ofrecen o coworkings, como asesoramento, formación, etc.
Feedback: es uns instrumento esencial para coñecer a opinión dos emprendedores externos, sobre espazo de traballo colaborativo.