Espazo de coworking ubicado no Concello de Santiago de Compostela.
Cando falamos de emprendemento non podemos deixar de lado a innovación, pero antes de nada é preciso aclarar a diferencia entre ambos termos:
✓ A innovación supón o desenvolvemento de algo novo, pode ser un modelo de negocio, un produto, unha idea ou un servizo.
✓ O emprendemento supón converter unha idea concreta nunha oportunidade de negocio.
Ambos deben ir parellos, un bo emprendemento comeza coa innovación: unha idea, un proceso, un foco diferenciador….ademais no emprendemento hai sempre un compoñente de risco que non está presente na innovación.
A innovación baséase na introdución de novas ideas, métodos ou estratexias, coa finalidade de facer máis doada a vida das persoas, isto desemboca en modelos de negocio, servizos ou procesos que non foron aplicados con anterioridade.
A innovación precisa de creatividade
O emprendemento é a disposición dun individuo ou grupo de persoas para asumir riscos e desenvolver oportunidades comerciais nun nicho de mercado.
O espírito empresarial consiste en converter grandes ideas en oportunidades de negocio viables. Trabállase con riscos calculados, pero non se deixa nada para improvisar e sempre hai plans alternativos ante posibles continxencias.
Converter unha idea nunha oportunidade de negocio supón asumir riscos. Pola contra, a innovación baséase na experimentación e redución sistemática de istos riscos.
Por tanto, si unimos emprendemento e innovación, introducindo a innovación no procesos emprendedor, esta última actuará como motor que garante procesos moito máis fiables e con menos riscos.
Os resultados de esta unión de conceptos serán ven claros:
Redución de riscos
Permanencia da empresa ou proxecto no tempo
Proxectos que xeneran interese e fomento das habilidades e a creatividade no emprendedor
Potenciación e máximización da competitividade.
Os espazos de coworking supoñen una oportunidade para os emprendedores, desde o punto de vista colaborativo e dende a perspectiva das necesidades que se cobren dende estes espazos de traballo. No coworking dixital CCompostela achegamos aos emprendedores as ferramentas adecuadas as súas necesidades, traballando con persoas e con ideas, con innovación e aplicando a dixitalización aos procesos de emprendemento, dende que plantexan a idea de negocio ata que este se fai realidade, o acompañamento nestes procesos é vital para poder sacar adiante un proxecto e evitar o abandono no medio do camiño, a fatiga dos procesos que leva parellos a burocracia administrativa e os apoios no busca de financiamento.
Se estas pensando en emprender ou estas en proceso achegámoste, de xeito moi xenérico, os 7 puntos clave para emprender e innovar:
- Establecer un obxectivo a longo ou medio prazo.- axudara a centrarse nese obxectivo e a manterse motivado
- Estudia aos teus competidores no seu nicho.- para identificar as súas debilidades e fortalezas e como diferenciarte de eles.
- Establece unha estratexia ben planificada para acadar os teus obxectivos.– isto incluirá un plan de marketing e fianzas e unha estratexia de crecemento.
- Utiliza a tecnoloxía de forma intelixente.-co fin de automatizar procesos, obter información e mellorar o servizo ao cliente
- Escoita aos clientes.- axudarate a mellorar os produtos ou servizos, atopar novas oportunidades de negocios e manterte actualizado cos cambios no mercado.
- Asume riscos calculados.- non teñas medo de asumir certos riscos previamente calculados para avanzar cara aos teus obxectivos, isto vaite axudar a probar novas oportunidades de negocios.
- Establece alianzas estratéxicas.- é unha forma de aproveitar o coñecemento e os recursos doutras organizacións para mellorar o teu propio negocio.
O emprendemento é o proceso que vai dende o desenvolvemento da idea ata a constitución dunha nova empresa. Este percorrido pode emprenderse tamén dende a empresa xa constituída, dando orixe ao intraemprendemento, que se produce cando as organizacións innovan dende dentro, actuando como vías transformadoras para as organizacións.
A converxencia da innovación co emprendemento ofrece unha nova perspectiva as empresas que abordan o cambio e a transformación. Esta conxunción convértese nun terreo de exploración de novos enfoques, modelos e ferramentas para facilitar a transición dende a concepción da idea ata a creación de novas iniciativas emprendedoras, un novo paradigma na transformación das organizacións.
Lembra que no Coworking Dixital Compostela, unha iniciativa da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, financiada a través da Fundación INCYDE das Cámaras de Comercio, do Concello de Santiago e da Deputación Provincial da Coruña, impulsamos a dixitalización de máis de 350 empresas.
Ofrecemos servizos dixitais personalizados, incluíndo asesoramento integral e puntual para a dixitalización de empresas, así como incubación e aceleración de proxectos en diferentes sectores. Os servizos adáptanse ás necesidades específicas de cada negocio, brindando un acompañamento experto en cada fase do proceso de transformación dixital.
Formamos parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo e ofrecemos un espazo coworking na Cámara de Comercio de Santiago con tecnoloxía de vangarda e programas de acompañamento, incubación e aceleración de empresas, xunto cunha axenda anual de máis de 40 actividades.