Inverno no coworking de Brión

Espazo de coworking ubicado no Concello de Brión, especializado na transformación.

Neste inverno do 2025 as colaboracións e colleita de lazos para o desenvolvemento de proxectos acompañou ao tempo de recollemento, de chuvias, de frío e… de meterse nas cociñas do ESPAZO COLABORATIVO “TRANSFORMANDO EN BRIÓN, para non parar de dinamizar a economía rural e a economía colaborativa entre persoas, entidades e administracións.

Aí van unhas pingas:

  1. AGASALLOS DE NADAL (Diputación de A Coruña): en colaboración con A Fusquenlla, elaboramos en Brión mermeladas de laranxa e mermeladas de mandarina para agasallos de Nadal, dando a coñecer os productos dos espazos colaborativos da Rede.
  1. No mes de outubro achegáronse a coñecer a iniciativa do coworking de Brión José Miñones e Belén Hernández, presidente e xerenta de MERCAGALICIA, acompañados do alcalde, Pablo Lago, e a concelleira, Guarina Rey.

  1. A Aldea Modelo de Carballeda de Avia en Ourense, en novembro, participou xunto con persoal da Fundación RIA, nun encontro no noso obrador para ver posibilidades de desenvolvemento rural.
  2. A USC, na facultade de Ciencias da Educación, tén un grupo de investigación “SEPA”, ao que recibimos no coworking en decembro para contarlle ao alumnado e ao persoal docente e investigador o percorrido das persoas que promoveron o coworking no ano 2017, así como a necesidade de conectar coa educación os saberes rurais con perspectiva ambiental.
  3. A fundación RIA organizou o 18 de decembro a xornada “Construíndo en común a transición agroecolóxica en Galicia”, na cal participamos como ponentes.

https://www.instagram.com/p/DSQM7KjCEJ1

  1. Coa ASOCIACIÓN BAROÑA, que recentemente entrou a formar parte da Rede de espazos colaborativos da Deputación da Coruña con un espazo para elaboracións cárnicas, que complementará ao de elaboracións vexetais e ao de masas de Brión, promovemos a comercialización e dinamización en común, acordando coa FUNDACIÓN RÍA, toda unha serie de actividades anuais que se plasmaron no MERCADO DE NADAL.

  1. Promovido por POLO DE EMPRENDEMENTO E APOIO AO EMPREGO de Melide, a finais de novembro recibimos o proxecto “Amas da terra by Lucía Freitas, saberes e sabores dinamizadores do emprendemento feminino no rural”, no cal tamén participamos para explicar a potencialidade dos espazos de traballo colaborativos para o emprendemento femenino.

https://polosemprendemento.gal/calendar/amas-da-terra-saberes-e-sabores-dinamizadores-do-emprendemento-feminino-no-rural

  1. No outono iniciamos a colaboración con unha empresa de turismo sostible, LATEXOS DE TURISMO, para ofrecer experiencias gastronómicas con productos do espazo colaborativo de Brión e incluir nos circuitos programados a visita ao coworking como exemplo de economía circular, desenvolvemento local e proximidade na alimentación.

  1. No ano 2.025, tamén foi escenario o espazo de Brión, da grabación de 2 programas da TVG, SEN CÓDIGO POSTAL E COS PÉS NA TERRA, nos que se reflexou a importancia da colaboración entre entidades públicas e empresas para o desenvolvemento de actividades colaborativas nas que aproveitar os recursos e o entendemento colectivo. Adxuntamos enlace ao primeiro deles que xa foi emitido

https://www.agalega.gal/videos/293561-brion

  1. E no eido da sempre fundamental formación para calquera emprendedora, celebramos en colaboración co AGACAL – XUNTA DE GALICIA a 4ª edición do Curso de ETIQUETADO DE PRODUCTOS CON SELO “ARTESANÍA ALIMENTARIA”, para as elaboradoras de Brión.

  1. Neste ano que rematou tamén queremos resaltar a colaboración con outros espazos colaborativos de alimentos, que aínda que non pertencen á Rede da Diputación da Coruña, sí se inspiraron na iniciativa desta para todo o proceso e para o apoio desde a Diputación de Ourense co obrador colaborativo que empezou a dar os seus primeiros pasos, tal e como recollen na prensa, da que adxuntamos recorte.

E seguimos DE INVERNÍA……

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *