
Espazo de traballo público para mentes inquedas. Apoiamos iniciativas emprendedoras locais facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos. Impulsamos novos proxectos. Apoiamos a emprendedores nos seus primeiros pasos. Cooperamos cos coworkers para chegar antes a meta e aprender xuntos.
Nun mundo cada vez máis acelerado, onde a produtividade parece ser a única medida de éxito, falar de autocoidado en espazos de emprendemento non só é necesario, senón imprescindible. No espazo de traballo A Proa, tivemos a oportunidade de explorar esta realidade a través do obradoiro “Conquista o teu benestar nun mundo cheo de prisa e ruído”, facilitado polo coworker Juan Magariños co seu proxecto “Vivir desde el Ser”. Foi unha experiencia que nos lembrou que, para poder medrar profesionalmente, primeiro debemos aprender a coidarnos dende dentro.
O Mapa do Benestar Integral: Unha ferramenta para tomar acción
Durante o obradoiro, Juan guiounos a través do “Mapa do Benestar Integral” , unha ferramenta visual que nos permitiu analizar catro dimensións esenciais: corpo, mente, emoción e espírito . Este mapa axudounos a identificar aquelas áreas que, pola rutina diaria e a presión constante, temos esquecidas ou descoidadas.
Foi revelador comprender que o autocoidado non se trata só de parar, senón de tomar accións conscientes para equilibrar cada aspecto da nosa vida. Como emprendedores, é fácil caer na trampa de pensar que descansar ou dedicarse tempo é improdutivo. Con todo, esta actividade amosounos que coidarnos non só mellora a nosa saúde física e emocional, senón que potencia a nosa capacidade para tomar decisións e afrontar retos.

Crear momentos para conectar en A Proa
En A Proa, queremos ser máis ca un lugar para traballar. O noso obxectivo é converternos nunha comunidade consciente, onde cada coworker atope o apoio e os recursos necesarios para medrar non só como profesional, senón tamén como persoa. Este obradoiro foi unha mostra de como o autocuidado pode (e debe) formar parte da vida diaria dos emprendedores.
Ademais, contar co apoio doutros espazos da Rede fixo desta experiencia aínda máis enriquecedora. Tivemos a sorte de contar coa presenza de Fátima Rodríguez, Xestora do coworking Pobra, e dunha coworker dese mesmo espazo, así como con persoas emprendedoras da comarca, e tamén ex coworkers de A Proa. Estas colaboracións non só fortaleceron a aprendizaxe, senón que tamén demostraron a importancia de crear pontes entre diferentes comunidades de emprendedores para compartir coñecementos, experiencias e apoio mutuo.
Durante as dúas horas de actividade, os participantes gozaron de exercicios prácticos, momentos de reflexión individual e debates. Un dos momentos máis especiais foi a meditación guiada, que nos axudou a desconectar do ruído exterior e conectar coa nosa respiración, recordándonos a importancia de parar para recargar enerxía.

En A Proa seguiremos apostando por actividades que promovan o benestar integral . Porque cremos que un emprendedor que se coida dende dentro ten moitas máis posibilidades de alcanzar os seus obxectivos e de vivir unha vida plena e con sentido.
E ti, cando foi a última vez que paraches para conectar contigo?
O teu benestar é unha prioridade. O teu benestar tamén se reflicte no teu emprendemento.
Seguiremos creando espazos para parar, reflexionar e seguir medrando.