Espazo de coworking ubicado no Concello de Santiago de Compostela.
Poñer en marcha o teu propio negocio non é unha decisión doada, nin algo que se resolva dun día para outro, é un proceso longo e as veces complicado.
No camiño do emprendemento, dende que comeza ata o final do proceso hai unha serie de fases que teñen que desenvolverse de xeito organizado e metódico, pois de isto vai depender o futuro dunha ou varias persoas.
As persoas que levamos tempo traballando neste eido sabemos da importancia destes primeiros pasos na decisión de emprender, sabemos que é vital o primeiro apoio e as primeiras pautas, cando non se sabe ben por onde comezar e a que portas chamar. É xusto aquí nesta fase inicial onde comeza o camiño emprendedor, un camiño que non sempre remata e as veces toma rumbos diferentes aos iniciais.
Crear un negocio propio é unha das decisión máis importantes da túa vida, así que o primeiro será asegurarte de que a túa idea responda a unhas necesidades non cubertas polo mercado, ou ao menos que aporte un novo aliciente no mercado e que os clientes estean dispostos a pagar por iso. Pero hai algo importante neste punto inicial, o que vaias facer debe gustarche, apaixonarte, levantarte da cama todos os días, ser o motor da túa vida. Isto vai ser fundamental, porque se o que pretendemos facer non nos gusta, descoñecemos o sector ou estamos facéndoo por obrigas ou por situacións especiais na nosa vida, entón vouche dar a primeira nova: non vai dar resultado.
“Debes crer en ti” para emprender precísase autoconfianza, capacidade de medrar facendo o que nos gusta e non ter presa, facer as cousas con orde e con constancia.
Desenvolver unha mentalidade emprendedora.- o éxito como persoa emprendedora non só depende da habilidade cos números e as finanzas, aínda que estas sexan capacidades básicas para facilitarche o camiño, o desempeño dependerá da túa mentalidade, toda iniciativa emprendedora deberá dar respostas a retos e problemas, brindar solucións dun xeito que non se fixera antes. Para isto é necesario ter una solución innovadora e dispoñer dunha perspectiva única, a clave é idear solucións a unha posible demanda.
A mentalidade emprendedora podes desenvolvela co tempo e co esforzo, o importante é dispoñer de apoios para poder reforzar a túa idea e aprender das experiencias e exemplos doutras persoas emprendedoras. Non te desanimes!
Será determinante a túa capacidade de resolución, que te axudará a superar con éxito obstáculos e ir mellorando ao longo do teu proceso de emprender, desenvolverás esa capacidade de visualizar solucións rápidas e sólidas que non afecten ao teu obxectivo. Isto xunto coa creatividade van ser as túas principais armas de traballo, sempre quererás facer cousas novas, sobre todo para promocionar os teus servizos e xestionar o teu negocio, isto vai facer que destaques entre os demais, non hai límites para crear nova ideas e superar obstáculos. A creatividade é a túa arma.
Chega o momento de falar de financiamento, é o primeiro dos obstáculos, hai que planificar moi ben a proposta de negocio, baseándonos nun plan de empresa detallado, real e coherente. Toda oportunidade de negocio real deberá analizar aspectos clave como o tamaño de mercado, o perfil do target ao que dirixirse, a competencia que existe, o xeito de promocionarse e facer unha análise financeira do proxecto, isto vainos dar unha visión precisa das necesidades de financiamento do negocio.
A falta de financiamento é un dos principais muros que frean as iniciativas emprendedores, pero hai vías de financiamento as que recorrer, non desistas, planifícate e busca axuda!
A formación debería ser tarefa obrigada de toda persoa cunha iniciativa emprendedora, non só para empezar, senón tamén para consolidar o noso negocio, xa que o fracaso é algo común neste ámbito, a través da formación non só adquirimos habilidades e coñecementos para xerar ideas de negocio ou
desenvolver e facer realidade empresas propias, ademais afondamos en áreas claves para o emprendemento como as finanzas, as ventas, o márketing ou mesmo a contabilidade, reforzando aptitudes esenciais para o liderazgo, a comunicación ou a confianza.
A aprendizaxe continua debe ser unha máxima para emprender. Nunca deixes de aprender!
Unha vez que teñas o teu negocio en marcha non esquezas nunca aos teus clientes, eses que se sentiron atraídos polo teu produto ou servizo, é importante conservalos, sen clientes non hai negocio, e sen negocio non haberá éxito.
A clientela é a peza de ouro do teu negocio, coidala é a túa responsabilidade, fai que se sinta cómoda. Coñece as súas necesidades, fai unha boa planificación e adapta o teu negocio a demanda.
A importancia de innovar: en todos os negocios temos a posibilidade de implantar procesos innovadores, xa sexa no servizo, no produto, na xestión, na marca… O importante é saber identificar a oportunidade de innovar e aproveitala, non te conformes co que tes pois os avances tecnolóxicos é de mercado van a unha velocidade vertixinosa, non te quedes atrás, si te descolgas vai ser complicado volver a tomarlle o pulso ao mercado. Busca axuda se o precisas ou tes inquedanzas. Hai que ir cos tempos!
No coworking dixital CCompostela achegamos ás persoas emprendedoras as ferramentas adecuadas ás súas necesidades, traballando con persoas e con ideas, con innovación e aplicando a dixitalización aos procesos de emprendemento, dende que formulan a idea de negocio ata que este se fai realidade, o acompañamento nestes procesos é vital para poder sacar adiante un proxecto e evitar o abandono no medio do camiño, a fatiga dos procesos que leva parellos a burocracia administrativa e os apoios na busca do financiamento.
Ofrecemos servizos dixitais personalizados, incluíndo asesoramento integral e puntual para a dixitalización de empresas, así como incubación e aceleración de proxectos en diferentes sectores. Os servizos adáptanse ás necesidades específicas de cada negocio, brindando un acompañamento experto en cada fase do proceso de transformación dixital.
Formamos parte da Rede Provincial de Espazos de Traballo e ofrecemos un espazo coworking na Cámara de Comercio de Santiago con tecnoloxía de vangarda e programas de acompañamento, incubación e aceleración de empresas, xunto cunha axenda anual de máis de 40 actividades.