
Espazo de coworking ubicado no Concello das Pontes, especializado no sector enerxético, en enerxías verdes o e sector das renovables.
O coloquio «As Pontes: construíndo o futuro empresarial», organizado polo Green Coworing, abre unha reflexión sobre a importancia de conectar os novos investimentos industriais co tecido empresarial local.
O futuro industrial dun territorio non depende unicamente da chegada de novos investimentos. Tamén require capacidade para xerar conexións, identificar oportunidades e favorecer a colaboración entre as empresas que chegan e aquelas que xa desenvolven a súa actividade na contorna.
Esta foi unha das cuestións presentes no coloquio «As Pontes: construíndo o futuro empresarial», organizado pola Asociación de Empresarios SEARA no marco do Coworking Fest 2026, que reuniu arredor de 40 empresarios e empresarias.
O encontro contou coa participación de Nicolás Vázquez Iglesias, secretario xeral de Industria da Xunta de Galicia, e Valentín González Formoso, alcalde das Pontes e presidente da Deputación da Coruña, xunto con representantes de tres empresas vinculadas a proxectos de interese para o municipio: Indra, Ence e Reganosa.
Durante o coloquio abordáronse cuestións relacionadas coa atracción de investimentos, a evolución dos proxectos empresariais e as posibilidades que estes poden xerar para a economía local. Unha reflexión que puxo sobre a mesa a importancia de que o desenvolvemento industrial se traduza tamén en oportunidades para as empresas do territorio, favorecendo a creación de relacións comerciais, a colaboración e o fortalecemento do tecido empresarial.

O papel dos espazos colaborativos no desenvolvemento local
Neste contexto, os espazos de traballo colaborativo poden desempeñar un papel relevante como puntos de conexión entre profesionais, empresas e territorio. Máis alá de ofrecer un lugar no que desenvolver a actividade profesional, facilitan un entorno no que compartir experiencias, acceder a recursos e establecer relacións que poden abrir novas posibilidades de colaboración.
É o caso do Green Coworking das Pontes, impulsado pola Deputación da Coruña, o Concello das Pontes e as Asociación de Empresarios SEARA. Este espazo permite que empresas e profesionais desenvolvan a súa actividade nun entorno compartido e próximo á realidade económica do municipio.
A súa conexión co tecido empresarial local resulta especialmente relevante nun momento no que As Pontes busca consolidar unha nova etapa industrial e atraer proxectos capaces de xerar actividade económica. Coñecer o territorio, identificar as necesidades das empresas e favorecer o contacto entre os distintos axentes económicos, son pasos importantes para aproveitar as oportunidades que poidan xurdir.

Conectar oportunidades para construír futuro
A chegada de novos proxectos industriais pode abrir novas vías de negocio, pero para que esas posibilidades cheguen ao conxunto do tecido empresarial é importante favorecer os espazos de encontro e os mecanismos de colaboración.
As asociacións empresariais e os espazos colaborativos poden contribuír a este obxectivo, facilitando o intercambio de información, o acompañamento das empresas e a conexión entre iniciativas empresariais e recursos do territorio.
A experiencia das Pontes permite poñer o foco nunha idea fundamental: atraer investimentos é importante, pero tamén o é crear as condicións para que as oportunidades que xorden contribúan ao desenvolvemento das empresas locais.
Porque conectar talento, empresas e territorio é tamén unha forma de impulsar o desenvolvemento económico e construír futuro.
