1 de Out, 2025 10:00

Espazo de coworking ubicado no Concello de Oleiros
Traballar nun coworking é moito máis que ter un escritorio. É conectar con outros, aprender e medrar en comunidade. Pero, para sacarlle o máximo proveito, é clave organizarse ben e coidar da túa produtividade. Aquí van consellos sinxelos e efectivos.
Planifica o teu día antes de chegar
Comezar a xornada nun coworking sen un plan pode facerche perder foco e tempo ⏳. A clave para aproveitar cada minuto está en chegar con ideas claras e as túas prioridades definidas. Planificar con antelación non só che axuda a manterte organizado/a, tamén che permite traballar con máis enerxía e sacar partido ao dinamismo do espazo compartido.
- Dedica 10 minutos o día anterior para planificar obxectivos.
- Define as túas 3 tarefas máis importantes e priorízaas.
- Usa bloques de tempo para manter o foco.
- Deixa espazos para pausas e networking: as mellores ideas xorden charlando!
Usa ferramentas dixitais para simplificar o teu traballo
Nun coworking onde o dinamismo e as interaccións son constantes, contar con ferramientas dixitais pode marcar a diferenza entre un día caótico e un altamente produtivo. As apps adecuadas axudanche a organizar tarefas, coordinar reunións, centralizar información y manter o foco.
🔹 Organiza os tus proxectos
Usa Trello ou Asana para dividir o teu traballo en listas e taboleiros visuais. Podes asignar prazos, marcar prioridades e ter sempre claro en que punto estás. Isto é ideal se colaboras con outros coworkers ou xestionas varios clientes.

🔹 Coordina a túa axenda
Con Google Calendar podes reservar salas de reunións, bloquear franxas horarias para tarefas importantes e recibir notificacións para non perder citas. Tamén é útil para sincronizar o teu calendario co dos colaboradores.
🔹 Centraliza as túas notas e ideas
Notion ou Evernote son excelentes para agrupar ideas, documentos e ligazóns nun único lugar. Así non perdas información en distintos dispositivos e podes consultala en calquera momento.
🔹 Mantén o foco con técnicas de tiempo
O método Pomodoro ⏱️ (traballar en intervalos de 25 minutos e descansar 5) é perfecto para ambientes abertos. Cunha app de Pomodoro Timer podes medir os teus bloques de concentración e aproveitar ao máximo as túas horas de enerxía alta.

💡 Consello extra: dedica uns minutos ao comezo e ao final do día para actualizar as túas apps. Así sempre terás claras as túas prioridades e evitarás duplicar esforzos.
Diseña rutinas para maximizar o teu tempo
Deseñar rutinas diarias axúdate a estruturar a túa xornada, optimizar a túa enerxía e manter a concentración durante máis tempo.
🔹 Establece un horario de entrada e saída
Aínda que sexas freelance, pon un marco fixo para comezar e rematar o día. Chegar sempre á mesma hora axuda a crear hábito e a que o teu cerebro “entren en modo traballo” nada máis sentarte. Saír a unha hora concreta tamén che protexe do exceso de horas e permíteche desconectar para recargar pilas.
🔹 Inclúe mini pausas estratéxicas
Non se trata de traballar máis, senón mellor. Fai pausas curtas para levantarte, estirar e beber auga 💧. Manter o corpo activo mellora a circulación e despexa a mente, o que se traduce en máis foco e menos cansazo mental.
💡 Consello extra: comparte as túas rutinas con compañeiros do coworking ou busca un “accountability partner” que che axude a mantelas. Así reforzarás o hábito e xerarás comunidade.
Con rutinas claras, apps útiles e un uso intelixente do teu coworking, podes traballar con máis foco, xerar contactos valiosos e facer medrar o teu proxecto.
