Promoción do espazo Transformando Brión

Daquí darredor é un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas e gandeiros. Este proxecto está promovido polo Concello de Brión, a Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela.

O Concello de Brión e Asociación Daquidarredor, coa colaboración da Deputación da Coruña, realizaron un video de promoción do dito espazo, onde tanto a parte institucional (Guarina Rey, Concelleira do Concello de Brión) como membros da Asociación Daquidarredor e persoas usuarias do centro, nos falan dos beneficios que supuxo a posta en marcha deste espazo para pequenos produtores de horta e froitas, así como para persoas que elaboran repostería e masas en xeral, en pequenas producións.

O obxecto do video é a promoción do espazo para que poida servir de exemplo para a creación de outros similares como para dalo a coñecer a futuras persoas usuarias do mesmo.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *