Queres emprender? Así foi a sesión sobre cooperativas en Espazo A Proa

Espazo de traballo público para mentes inquedas. Apoiamos iniciativas emprendedoras locais facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos. Impulsamos novos proxectos. Apoiamos a emprendedores nos seus primeiros pasos. Cooperamos cos coworkers para chegar antes a meta e aprender xuntos.

Hai outra maneira de emprender. Unha que aposta pola colaboración, a democracia interna e o impacto social. E diso falamos o pasado 11 de xullo no Espazo A Proa durante unha sesión divulgativa centrada no cooperativismo como fórmula legal e humana para dar vida a novos proxectos.

Baixo o título “Emprendemento cooperativo: E ti coñeces a fórmula?”, esta actividade reuniu a persoas con inquedanza emprendedora que buscan alternativas sostibles e colectivas para desenvolver as súas ideas.

A sesión foi facilitada por Rosa Álvarez, técnica de EspazoCoop, quen expuxo de xeito claro e próximo as características, vantaxes e pasos para crear unha cooperativa. Ademais, contamos coa intervención dunha cooperativa, que compartiu a súa experiencia real de emprendemento en colectivo.

Por que interesou tanto esta formación?

Porque na sesión formativa púidose:

  • Explorar o modelo cooperativo como unha opción sólida, democrática e con apoio institucional.
  • Resolver dúbidas en directo e establecer contactos entre persoas emprendedoras da contorna.

Foi tamén unha excelente oportunidade para que persoas externas visiten o espazo e comprobar como este entorno de traballo impulsa proxectos, cunha combinación de infraestrutura profesional e acompañamento formativo.

Se estás pensando en emprender, A Proa é o teu punto de partida

En Espazo A Proa, en pleno Milladoiro (Concello de Ames), atoparás un espazo de traballo común para persoas emprendedoras e profesionais en crecemento, como ti. Con ganas de facer as cousas doutro xeito, por iso acollemos formacións coma esta e acompañamento personalizado: para inspirar, para formar e para conectar proxectos con futuro.

Ven coñecernos!

Visítanos en Milladoiro ou contacta connosco a través das nosas redes sociais ou do formulario web.

E se queres asistir á próxima formación, mantente atento/a ao noso calendario de eventos.

Porque en A Proa, máis que un coworking, creamos comunidade emprendedora.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *