
Espazo de traballo público para mentes inquedas. Apoiamos iniciativas emprendedoras locais facilitando un espazo onde compartir dúbidas e medrar xuntos. Impulsamos novos proxectos. Apoiamos a emprendedores nos seus primeiros pasos. Cooperamos cos coworkers para chegar antes a meta e aprender xuntos.
Introdución
Do 16 ao 20 de setembro celebrouse o evento “Rede Coworking Fest” e o mércores 18 de setembro levouse a cabo no Espazo A Proa o encontro “Emprendendo en Feminino”, en colaboración co Coworking da Pobra do Caramiñal, como parte do “Rede Coworking Fest” e co obxectivo de visibilizar o papel das mulleres no emprendemento e promover a igualdade de oportunidades. O encontro proporcionou un espazo seguro para compartir experiencias, superar obstáculos e fomentar colaboracións entre emprendedoras.
Participaron 6 mulleres con proxectos en diversas fases, acompañadas por Ana Belén Paz García, concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, e Fátima Rodríguez, xestora do Coworking A Pobra e Nieves Iglesias, xestora do Espazo A Proa. O evento destacou pola presentación de proxectos, o intercambio de desafíos, e a importancia das alianzas e a planificación financieira.
“Emprendendo en feminino” consolidou a creación dunha comunidade de apoio, sentando as bases para futuras colaboracións dentro da Rede de Espazos de Traballo.

O xoves 19 de setembro, celebrouse o evento “Mentalidade e vendas” cun claro obxectivo: ofrecer ás persoas emprendedoras ferramentas para superar os desafíos nas vendas e mellorar a súa efectividade comercial. O evento, que contou con 11 participantes, incluíu dinámicas centradas en recoñecer e superar bloqueos emocionais e en afrontar as obxeccións máis comúns dos clientes. Ademais, contamos coa participación de Jorge Couñago Castro, técnico de Promoción Económica do Concello de Ames, quen tamén estivo presente no encontro, proporcionando apoio e aportacións.
A facilitadora, Irene Ortega Andreu, experta en vendas, brindou estratexias e recursos para empoderar ás persoas asistentes, axundándoos a afrontar as vendas con confianza e autenticidade. A xornada, cunha compoñente de aprendizaxe práctica, tivo un impacto positivo, resaltando a importancia da formación continua en habilidades comerciais para persoas emprendedoras.

A importancia da dinamización dos espazos e, concretamente, estes eventos demostraron ser ferramentas valiosas para o fortalecemento do tecido emprendedor. A través da creación de redes de apoio, o intercambio de experiencias e a aprendizaxe de novas estratexias, as participantes lograron non só avanzar nos seus proxectos, senón tamén afrontar con máis confianza os retos do día a día. Estas iniciativas subliñan a importancia de continuar ofrecendo espazos de formación e colaboración, clave para o crecemento persoal e profesional das persoas emprendedoras dentro da Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.