Startup Europe Week chega ao Pazo de Arenaza: unha oportunidade para impulsar o teu proxecto

Espazo de coworking ubicado no Concello de Oleiros, especializado nos sectores de Arquitectura, Urbanismo e Empresas de Base Tecnolóxica.

Que é a Startup Europe Week (SEW)?

A Startup Europe Week (SEW) é o maior evento rexional de emprendemento do mundo, presente en máis de 300 cidades e 50 países. O seu obxectivo é claro: apoiar as comunidades emprendedoras locais, conectar proxectos con ecosistemas de apoio e empoderar a quenes traballan por facer realidade o seu proxecto.

Dende 2015, SEW traballa para ofrecer acceso real a recursos locais como asesoramento, espazos de coworking, subvencións e redes de contacto, apostando por un emprendemento máis próximo e accesible, lonxe dos mitos do Silicon Valley.

Por qué se celebra no Pazo de Arenaza?

O Pazo de Arenaza é un espazo vivo de emprendemento e innovación na provincia da Coruña. Acoller unha sesión da SEW é unha oportunidade para:

  • Fomentar a cultura emprendedora local.
  • Conectar persoas con proxectos e recursos estratéxicos.
  • Inspirar novas iniciativas baseadas nas vantaxes do noso territorio.

Durante esta xornada, emprendedores de diferentes sectores poderán compartir experiencias, descubrir oportunidades de apoio e ampliar as súa redes de contacto nun entorno aberto e colaborativo.

Que se fará durante a Startup Europe Week no Pazo de Arenaza?

A actividade principal será un encontro para:

  • Coñecer recursos locais dispoñibles para emprendedores.
  • Recibir asesoramento especializado e adaptado ao contexto galego.
  • Participar en espazos de networking para ampliar a túa rede profesional.
  • Descubrir historias reais de emprendemento na nosa contorna.

Todo iso nun ambiente dinámico e pensado tanto para persoas que están comezando como para aquelas que xa levan tempo traballando no seu proxecto.

Quen pode participar?

  • Persoas que estean a valorar iniciar un proxecto.
  • Emprendedores/as que queiran consolidar ou facer medrar a súa actividade.
  • Profesionais interesados en innovación e desenvolvemento local.
  • Estudantes ou recén titulados/as cunha idea emprendedora.

Beneficios de participar

  • Acceso a información estratéxica sobre o ecosistema local.
  • Networking: creación de contactos clave que poden abrir novas portas.
  • Inspiración realista e práctica para afrontar o camiño emprendedor.

Podes consultar máis eventos e recursos de emprendemento que organizamos no Pazo de Arenaza aquí.

Para saber máis sobre a iniciativa europea SEW, visita a súa páxina oficial.

Aposta polo teu futuro emprendedor

Participar na Startup Europe Week no Pazo de Arenaza é moito máis ca asistir a un evento: é conectar co teu potencial emprendedor, descubrir novas oportunidades e formar parte dunha comunidade que cree no talento local.

Porque en calquera lugar, con apoio e recursos, poden nacer as mellores ideas.

👉 Anímate a participar e dá o seguinte paso no teu camiño emprendedor!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *