
Daquí darredor é un proxecto colaborativo para a transformación de alimentos agrícolas e gandeiros. Este proxecto está promovido polo Concello de Brión, a Deputación da Coruña e o GDR Terras de Compostela.
No espazo colaborativo TRANSFORMANDO EN BRIÓN imos afondando cada ano na idea de que a comunidade, a colaboración entre persoas e entidades e as iniciativas lideradas colectivamente son o noso futuro.
Contámosvos algunhas das colaboracións levadas a cabo no 2026 para facer visibles as nosas apostas.
02/26
Participación na xornada “EMPRENDEMENTO COLABORATIVO” en Miño.

02/26
A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán, visitou as instalacións do coworking de Brión, que vén de adquirir nova maquinaria para o centro, a través da asociación de elaboradoras DARREDOR, coa axuda da Deputación
https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=27157&
03/26
Colaboración con RESTAURANTE SOMOS ABASTOS 2.0 para aproveitamento de grelos no coworking co fin de valorizar o producto cunha elaboración gourmet.

05/26
Visita de ACCIÓN CONTRA A FAME ao espazo colaborativo, con un grupo de productoras do concello de PAZOS DE BORBÉN (Pontevedra), acompañadas do alcalde e da ADL, para abordar posibilidades productivas nese concello e colaborar na súa promoción desde o noso

05/26
Emisión do programa da TVG “COS PÉS NA TERRA”, centrado na actividade do coworking de Brión, explicado pola presidenta da Asociación DARREDOR e outras socias
https://www.agalega.gal/videos/343627-carla-e-tome-nieves-e-lucia
05/26
Colaboración coa ESCOLA INFANTIL DOS ÁNXELES – BRIÓN, recibindo a 82 nenos e nenas e ao profesorado para promover hábitos de consumo saudables entre a poboación infantil, baseados no consumo local e no aproveitamento e valorización das hortas da comarca

04-05/26
Celebración dunha nova edición do CURSO DE FORMACIÓN PARA O USO DO ESPAZO COLABORATIVO, coa participación de 28 persoas
CLASES TEÓRICAS

CLASES PRÁCTICAS
06/26
Colaboración con BICO DE XEADO para unha degustación de xeado con crema de limón, laranxa e mazá do espazo colaborativo Transformando en Brión. Edición limitada para celebrar o décimo aniversario do PLAN DE EMPREGO LOCAL.

06/26
Os productos elaborados no coworking estuveron outra edición máis presentes como agasallo na gala de entrega dos premios PEL, xunto cos do coworking A FUSQUENLLA


06/26
Participación na FEIRA DA TERRA en TEO, promocionando o espazo colaborativo

01 a 06/26
Colaboración coa empresa local de turismo sostible LATEXOS DE TURISMO, para dar a coñecer o coworking, as coworkers e os productos elaborados

ACTIVIDADE EN PRENSA
5 MARZO 2026 – COPE
29 MARZO 2026 – LA VOZ DE GALICIA
24 MAIO 2026 – RADIO GALEGA. PROGRAMA FERRADO E MEDIO
https://www.ivoox.com/ferrado-e-medio-24-05-2026-audios-mp3_rf_174701547_1.html
29 XUÑO 2026 – EL PAÍS

