Espazo de coworking ubicado no Concello de Brión, especializado na transformación.
Desde o mes de maio até este fin de setembro, o ESPAZO COLABORATIVO “TRANSFORMANDO EN BRIÓN desenvolveu toda unha serie de ACTIVIDADES FORMATIVAS, DINAMIZADORAS e DIVULGATIVAS con outras entidades de ámbito provincial e galego.
Ademais da elaboración de productos por parte das coworkers nas 2 cociñas que forman parte do espazo , nos meses de maio e xuño desenvolveuse un CURSO DE FORMACIÓN, para que novas usuarias e empresas podan elaborar productos nas cociñas colaborativas, tanto na línea de ELABORADOS CON MASAS como na de CONSERVAS VEXETAIS CON FROITAS E HORTALIZAS.
Completaron a formación 14 novas coworkers, que recibiron a habilitación, por parte do Concello de Brión, para o emprego das instalacións e dos rexistros sanitarios que permiten a venda dos productos caseiros elaborados nas instalacións do coworking de Rede Provincial de Espazos de Traballo.
Estanse facendo probas con nova maquinaria adquirida para o espazo coa finalidade de ampliar a gama de productos deshidratados
Neste tempo tamén se recibiron visitas para DIVULGAR e dar a coñecer as características, requisitos, investimentos do espazo TRANSFORMANDO EN BRIÓN entre administracións públicas e empresas privadas, ademais de acoller varias charlas de interese para as operadoras do coworking
O Concellode Ribeira de Piquín visitou as instalacións, acompañado da deputada provincial de Emprego, Rosa Ana García, e o alcalde de Brión, Pablo Lago
O Concello de Trabada, encabezado polo seu alcalde e a técnica de emprego, estuveron coñecendo de primeira man o coworking de Brión, Pablo Lago.
Desde o equipo técnico do AGACAL, Xoan Concheiro, estuvo dando unha interesante conferencia sobre o selo de ARTESANÍA ALIMENTARIA, que pode supoñer un marchamo importante para moitas das operadoras que transforman no coworking
A Rede Espazo COOP de cooperativas de Galicia tamén ofreceu un apoio importante de asesoramento en canto a fórmulas, ventaxas e atrancos para constituir unha cooperativa de comercialización entre varias persoas elaboradoras do espazo de Brión
Empresas privadas de Vilanova de Arousa e Sanxenxo achegáronse desde a provincia veciña de Pontevedra a coñecer o funcionamento do Centro para poder elaborar os seus productos.
Participamos na mesa redonda ”Identificación de dificultades e oportunidades paradesenvolver politicas alimentarias locais” organizada pola Rede de municipios pola agroecoloxía, no concello de Allariz
Por outro lado, participouse de varias FEIRAS E EVENTOS organizados por outras entidades/concellos que requeriron da presencia da Asociación DARREDOR como grupo que reúne ás elaboradoras do coworking, para PROMOCIONAR, expoñer, difundir, formar, elaborar, discutir …iniciativas posibles en outros espazos que miran o coworking como unha posibilidade na que emprender e promover economía local.
Estuvemos en:
FESTEO/ FEIRA DA TERRA (Teo), en colaboración coa AVV Carballeira de Francos e o concello
MERCADO DO MAIO (Ames), en colaboración con MENAIS, Escola na natureza e o concello
Presentación da AXENDA URBANA (Ames), en colaboración co concello de Ames
Xornada de presentación do espazo colaborativo de BAROÑA (Porto do Son), en colaboración coa CCMM Baroña
Entrega de Premios PEL da Deputación da Coruña , para a cal surtimos con mermeladas producidas por operadoras do coworking para o agasallo institucional da Deputación da Coruña no evento