Unha viaxe en “auto” (parte 1)

Centro de Emprendemento “A Estación” é un espazo multifuncional que alberga unha zona de traballo coworking para proxectos emprendedores e empresariais.

Dentro das chamadas competencias transversais atopamos múltiples e variadas clasificacións, que dependen subxectivamente de quen as realiza. Nuns casos se centran máis nunhas e noutras, noutras. Esta afirmación tan obvia non é baladí, non obstante. O que queremos dicir é as clasificacións son debedoras de quen as realiza. O importante de tantas clasificacións, como sempre, é a apredizaxe que se poida obter delas sen caer na falla de practicidade.

Nesas competencias transversais pódese situar un conceptos que entendemos é moi importantes á hora de traballar por conta propia, pero tamén por conta allea.

Da autonomía persoal extraer ideas interesantes para a mellora individual persoal, en tanto en conta redundan tamén como mellora no ámbito profesional. Este “auto” o conducimos cada un/ha de nós e forma parte desa viaxe metafórica que é o traballo que desempeñamos, con independencia da forma xurídica que adopte.

O contido da autonomía persoal comprende un amplo e variado panorama de actitudes como a confianza nas propias capacidades, saber afrontar os fracasos de modo construtivo, ser asertiva/o, saber controlar as emocións de maneira que non interfiran nas actuacións, saber desenvolver unha actitude aberta para relacionarse coas demais persoas, ser capaz de adaptarse ao cambio, ou saber xestionar o tempo de modo correcto e saber dominar estratexias de solución de problemas.

A continuación indicamos algunas dos aspectos máis relevantes nos que a autonomía xoga un papel determinante, inda que aparentemente pareza agochada.

A autoconfianza

A autoconfianza é a capacidade dunha persoa para crer que é capaz de lograr aquilo que se propón porque dispón das cualidades necesarias.

Polo tanto, é un sentimento estreitamente relacionado co recoñecemento das cualidades e limitacións que nos caracterizan.

A imaxe que temos de nós foise configurando a través da propia experiencia e determinará, en gran medida, as actuacións futuras.

O esquema para traballar establecese en dúas direccións:

  • Reafirmar o autoconcepto positivo: identificar e facer valer as cualidades positivas (os nosos puntos fortes).
  • Mellorar o autoconcepto negativo: afrontar construtivamente tarefas difíciles, identificando o que se pode facer para vencer as limitacións persoais.

Afrontar o fracaso

O fracaso é unha palabra que sona demasiado contundente, pero esta aí como un sentimento que consume a quen o ningunea. Afrontar os erros de maneira construtiva supón interpretar a realidade de forma obxectiva e práctica, sobre todo cando se trata de valorar deses erros cometidos. A través desta visión obxectiva reafirmamos a autoconfianza nas propias capacidades e detectamos áreas persoais de mellora.

O fracaso, entendido como a non consecución dos resultados desexados, adoita xerar sentimentos negativos de frustración ou de culpa cando se atribúen a factores persoais. Nese sentido, pode incapacitar fronte ao cambio, deixando indefensa á persoa e exercer un papel destrutivo sobre o concepto que ten cada persoa de si mesma. Con todo, tamén ten unha función adaptativa, xa que dirixe o comportamento cara a aprendizaxe sobre os resultados desacertados dos actos.

Polo tanto, afrontar o fracaso é unha actitude que evidencia a nosa autonomía persoal e nos permite desenvolvela.

O autocontrol

Dentro desa autonomía persoal tamén atopamos o autocontrol, como a capacidade para dominar as emocións e evitar que nos leven a reaccionar de maneira impulsiva ou agresiva. Implica, polo tanto, a capacidade para regular as emocións sen deixar que estas eclipsen o pensamento racional e interfiran nas accións.

Considerase que unha persoa é capaz de controlar as súas emocións cando consegue que non se interpoñan no seu comportamento, de tal modo que estas non constitúan un impedimento para o logro dos seus obxectivos.

A asertividade

Inda que habitualmente se asocie cun estilo de comunicación, o concepto de asertividade é máis amplo, e implica á capacidade de comportarse socialmente tal e como somos, ou poder expresar a outras persoas os propios pensamentos, ideas e emocións, dende o respecto e a non agresividade, sen ofendelos ou danar os seus sentimentos, opinións e crenzas. Mediante a asertividade podemos conseguir que o desenvolvemento da nosa autonomía persoal non se vexa limitado por barreiras no proceso comunicativo.

Na práctica, a asertividade asóciase:

  • á expresión de opinións ou críticas construtivas,
  • ao dereito a dicir non ante demandas ás que non se quere acceder
  • e á habilidade para facer peticións.

A empatía

A empatía é a capacidade que ten unha persoa para identificarse co que outra persoa sinte, o cal leva a unha mellor comprensión do seu comportamento ou da súa maneira de tomar decisións.

Empatía non é estar de acordo co que pensa, sente ou di a outra persoa. A empatía relaciónase con entender como se sinte. Nese sentido a empatía demóstrase activamente a través de expresións verbais (p.ex.: “entendo o que sentes”) ou con sinais non verbais (p.ex.: mirada, contacto, sorriso).

Empatizar implica compartir un problema con outra persoa e contribuír a superalo dende a obxectividade. Quen logra poñerse no lugar doutro/a evidencia interese pero tamén proporciona axuda para analizar e superar o problema.

As persoas empáticas amósanse abertas aos sentimentos e preocupacións doutras persoas, o que lles fai ser máis flexibles e receptivas á comunicación, polo que obteñen máis facilmente o seu apoio e axuda.

Ao igual que coa asertividade, mediante a empatía facilitamos o camiño de desenvolvemento da nosa autonomía persoal.

Continuará…

A viaxe en “auto” comprende máis paradas aparte das indicadas, ás cales volveremos no vindeiro artigo de A Estación neste blogue da Rede Provincial de Coworkings da Coruña.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *