Verán de plena produción… de colaboracións

Espazo de coworking ubicado no Concello de Brión, especializado na transformación.

Época de verán no espazo colaborativo Transformando en Brión no que as coworkers estamos en plena produción, aproveitando a época de máis variedade e cantidade de froitas e hortalizas das nosas hortas e, consecuentemente, das nosas cociñas.

As colaboracións non fan máis que estar tamén en plena produción, multiplicando sinerxias con outros espazos da rede provincial, xurdindo novos proxectos e empresas, ampliándose os contactos e interesadas en coñecer esta fórmula de futuro para o rural na que a Diputación da Coruña é pioneira, desenvolvéndose toda unha serie de ACTIVIDADES FORMATIVAS, DINAMIZADORAS e DIVULGATIVAS, tanto dentro como fóra do noso coworking

1. Froito da formación para poder elaborar nas cociñas colaborativas desenvolta en maio para 12 novas usuarias e pequenas empresas, estanse xa elaborando probas de novos productos para o mercado, que reflexa unha vez máis a aposta colaborativa con outras profesionais da cociña, e a aposta pola creatividade e a investigación, eixes fundamentais dos nosos obradores.

2. Continuamos coas actividades de divulgación para dar a coñecer as características, requisitos, investimentos, potencialidades, método de xestión, melloras… do espazo TRANSFORMANDO EN BRIÓN entre administracións públicas, empresas privadas e público en xeral:

a. No FESTISAÚDE celebrado en Noia os días 10 e 11 de maio, con un posto de alimentos desde o que mostrar as posibilidades das cociñas.

b. O 29 de maio participamos nunha xornada organizada en Silleda por POLO DE EMPRENDEMENTO que versou sobre oportunidades no rural, expoñendo a importancia dos espazos colaborativos alimentarios promovidos polas administracións públicas como motor dunha economía baseada nas potencialidades dos nosos productos e na calidade.

c. Na FEIRA DA TERRA de Francos – Teo, o día 22 de xuño, na que ademáis colaboramos coa organización para un show-cooking co cocilñeiro Xosé Manuel Mallón que elaborou petiscos con carne e ketchup de Brión.

d. No programa da TVG “SEN CÓDIGO POSTAL”, explicamos desde o coworking as ventaxas destes espazos públicos para o desenvolvemento local da man da nosa veciña de Brión e presentadora do programa, Fátima Pego, grabado o 11 de xuño.

e. Traspasando o ámbito local participamos nunha MESA DE TRABALLO DE OBRADORES COMPARTIDOS, organizada pola RED DE IMPULSO A LA PEQUEÑA TRANSFORMACIÓN ALIMENTARIA (RITA), na que expuxemos a nosa experiencia e compartimos inquedanzas e propostas con outros espazos colaborativos de todo o Estado o día 9 de xullo.

f. Unha das actividades máis ilusionantes para un grupo de coworkers de Brión foi a participación nunha entrevista múltiple, con debates e propostas solicitadas por unha alumna da Universidade de A Coruña para nun traballo de fin de master (TFG) no que se está estudiando a importancia socioeconómica das casas labregas.

3. Abrimos neste trimestre unha nova etapa en TRANSFORMANDO EN BRIÓN xa que estamos desde o coworking poñendo en marcha unha App para promocionar colaborativamente as producións elaboradas no coworking, que pronto teremos operativa.

4. Outro aspecto sustancial entre as coworkers nestes últimos tempos para a promoción é o que tén que ver coa apertura das nosas RRSS e tamén a posición en Google, con unha colaboración nacida con empresas do espazo colaborativo A PROA do concello de Ames.
https://www.instagram.com/daquidarredor_/
https://www.facebook.com/profile.php?id=61577251283365

5. A colaboración entre espazos da rede foi un dos puntos fortes deste trimestre xa que a Diputación da Coruña, para un agasallo no acto de entrega dos Premios PEL, demandou conservas elaboradas no coworking A Fusquenlla e en Transformando en Brión, supoñendo un impulso moi importante nun escaparate onde as iniciativas emprendedoras e a excelencia foron as protagonistas.

https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=25776

E seguimos producindo…

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *