Campus Virtual
Espazo compartido de aprendizaxe e eventos
Que é o Campus?
O Campus é un espazo compartido e de coñecemento da Rede aberto tanto aos membros da mesma coma a participantes habituais dos eventos que se celebran nos diferentes coworkings que forman parte dela.
O seu obxectivo é facilitar o acceso a contidos formativos e a algúns dos eventos en directo ou diferido levados a cabo en calquera dos espazos da Rede, de xeito que o número de persoas beneficiarias sexa máis amplo e que, na medida do posible, os contidos perduren no tempo para ser aproveitados por novos coworkers e persoas interesadas.
Quen pode beneficiarse dos contidos do Campus?
Todas as persoas usuarias dos espazos así como as personas alleas aos mesmos e membros das súas comunidades que teñan interese nas temáticas tratadas poderán acceder aos contidos do Campus.
O acceso realizase mediante un login específico, sendo requisito previo rexistrarse como usuario no propio Campus.