Coworking Visa

Solicita utilizar outro espazo cando desexes de xeito sinxelo

Que é a Coworking Visa?

Coworking Visa permite aos membros activos dun espazo de coworking utilizar outros espazos en todo o mundo de forma gratuíta durante un número determinado de días (tres como norma xeral). As condicións varían dun espazo a outro en canto ás horas gratuítas dispoñibles, aos días que se ofrecen, os requisitos de reservas, etc., Débese comprobar con antelación para cada espazo que se desexe visitar.

Coworking Visa dentro da Rede Provincial

Para facilitar a mobilidade de coworkers dentro da Rede Provincial de Espazos de Traballo, a través desde formulario, os coworkers poden poñerse en contacto con outros coworkings da mesma de forma áxil e sen necesidade de verificar a súa pertenza á mesma.