Álvaro Liste
Produción audiovisual
Sector: Produción audiovisual
Sobre minÁlvaro Liste.
Licenciado en Comunicación Audiovisual, Master en Teatro e Cine e Master MPXA en produción executiva, traballei como redactor xornalístico, de freelance como guionista, realizador, editor de vídeos, operador de cámara e moitos postos da produción audiovisual.
Formei parte de varias asociacións culturais e entre 2008 e 2014 fun un dos fundadores da empresa GSEIS Audiovisuais.
Dende entón traballei en TVG, publicidade e para produtoras como Ficción Producciones, Portocabo, 70 Mandarinas, Artefocal, Zenit TV, La Región, Emotion TV, Xurdir, Sintagma Films, 300 Kilos, Producciones Celta, Filmika Galaika, Ollo Vivo, Danga Danga, Cuarzo Producciones, El Mundo, etc.
Como realizador fixen publicidade, concertos, videoclips e curtametraxes. Son membro a asociación galega de realizadores (CREA Galicia).
Na miña filmografía como produtor de documentais están \\\\\\\”Danza na Terra\\\\\\\”, \\\\\\\”Uxío Novoneyra, Poeta/Alén\\\\\\\”, \\\\\\\”Manfred, Home sen paz\\\\\\\”, \\\\\\\”Os espazos en branco\\\\\\\” entre outros.
Na actualidade veño de crear a empresa Serea Films.
Empresa: Serea Producións SL
Posto na empresa: Administrador
O meu proxecto no espazo Coworking A Proa – Ames
Serea Films
Sector do proxecto: Produción Audiovisual
Produtora cinematográfica especializada en documental, ficción e artes escénicas