Andrés Sanjurjo
Produtor e cineasta
Sector: Cine, videoxogos
Sobre minEstudiei Comunicación Audiovisual e especialiceime en cinema con varios mestrados e un doutoramento que estou a cursar na actualidade, o que me levou a vivir entre Burgos, Oporto, Santiago de Chile, Barcelona e A Coruña.
Tras rematar a carreira fixen unhas breves prácticas profesionais en Zeitun Films, onde Felipe Lage convertíuse nunha sorte de mestre que me animou a autoproducir o meu primeiro filme, Alén Mar (actualmente en posprodución).
Ademáis, traballei para outras productoras de cinema como Miramemira ou Forastero, e con realizadores como Oliver Laxe, Santiago Fillol, Raúl Capdevila e Carlos Martínez-Peñalver.
Durante estes anos, complementei a miña formación regrada con seminarios e obradoiros con cineastas da talla de Abbas Kiarostami, Víctor Erice, Boris Lehman e Jodie Mack, e críticos como Jonathan Rosembaum e Roger Koza.
A miña inquietude como cineasta e productor, leveoume á creación de Acariño Films na búsqueda de novos medios de produción para as miñas películas e compartir esta experiencia producindo a outros autores.
Empresa: Acariño Films / Acariño Games
Posto na empresa: Produtor

O meu proxecto no espazo Coworking Pazo de Arenaza
Acariño Films
Sector do proxecto: Cine, videoxogos, arte
Acariño Films nace en 2019 como un espazo desde o cal producir doutra forma.
A nosa filosofía está baseada na idea de que cada película require os seus tempos e os seus métodos, así como unha mirada artística autoral que ten que ser respectada e potenciada pola produción.
Perseguimos o obxectivo de conseguir que proxectos cinematográficos innovadores saian á luz, priorizando a calidade do proces