Carmen Caínzos
Conservas dende o rural
Sector: Agro e Conserveiro
Sobre minMuller emprendedora no rural. Traballo a miña horta en Pantín (Valdoviño); dela sae a materia prima para as conservas que elaboro no Centro Colaborativo da Fusquenlla (Moeche)
Empresa: Ay!Carmen

O meu proxecto no espazo Centro comarcal de desenvolvemento rural A Fusquenlla – Moeche
Ay!Carmen
Sector do proxecto: Agro e Alimentación
Ay!Carmen nace en Valdoviño coa intención de ofrecer produtos de calidade na nosa contorna.
Actualmente estamos a traballar na creación da nosa propia marca de conservas, usando como materia prima produtos cultivados na nosa horta. Defendendo o respecto ao medio ambiente, non utilizamos pesticidas nin herbicidas.
O noso produto estrela é o pemento \”Farolillo\”, unha variedade peculiar.