Javier Rocamonde
Arquitecto
Sector: Arquitectura e Territorio
Sobre minArquitecto – Urbanista (ETSAC-UDC) e “Màster en Estudis Avançats en Arquitectura-Barcelona” (ETASB-UPC). Complementa a súa formació no “Postgrau de Rehabilitació” (Escola Sert) e actualmente no Master Universitario en Planificación e Xestión Territorial (USC).
Cofundador de Taller Bivaque, un taller itinerante de arquitectura e urbanismo premiado en diversas ocasións en concursos nacionais e internacionais, entre eles: “Europan 15 e 16” ou “El futur de les infraestructures viàries. Nusos i cruïlles (Àrea Metropolitana de Barcelona)”.
En xaneiro de 2023 defenderá a súa tese de doutoramento no DUOT (ETSAB-UPC), onde foi docente en diversos másters (MBarch, MPU, EMU) e no “Grau d’Estudis d’Arquitectura”.
Ten dado conferencias en diversos paises e publicado ar tigos en revistas científicas nacionais e internacionais especializadas en arquitectura e urbanismo.
RECOÑECEMENTOS:
2021 · Mención Especial: “Barrejant Colònia Sedó”, concurso internacional “Europan 16” (Esparraguera, Colonia Sedó)
2021 · Finalista (3º): “Productivitats Superposades”, concurso internacional “El futur de les infraestructures viàries. Nusos i cruïlles” (Àrea Metropolitana de Barcelona)
2019 · Segundo Premio (ex aequo): “Overlapping Vallbona”, concurs internacional “Europan 15” (Vallbona, Barcelona).
2019 · Preseleccionado: “Keep the Fields!”, concurso internacional “Europan 15” (Sant Climent de Llobregat).
2019 · Preseleccionado: “La Fabrique d’un Milieu”, concurso internacional “Europan 15” (Romainville, París).
2018 · Terceiro Premio: “Stoa”, concurso nacional “Remodelación de la Plaza de los Belgas” (Collado Villalba, Madrid).
2017 · Finalista: “Palimpsesto”, concurso nacional “Rehabilitación de construcciones en Fondodevila” (Parada de Sil, Ourense).
2017 · Terceiro Premio: “Furnuyulus”, concurso internacional “Living the collective (Hornachuelos, Córdoba).
2016 · Finalista: “Displacement”, concurso internacional “MoMA PS1 Young Architects Program” (New York). En colaboración con Frida Escobedo.
2014 · Primeiro Premio: “Invernada”, concurso nacional “Club Náutico de Illa de Arousa” (Pontevedra).
2014 · Premiado: “AMUD”, concurso internacional “Designing for Freespeech” (New York).
Empresa: MARXE
O meu proxecto no espazo Coworking A Proa – Ames
MARXE arquitectura e territorio
Taller de arquitectura e territorio dedicado á elaboración e execución de proxectos para a mellora do hábitat dende a posta en valor do patrimonio cultural e natural.
Traballa cunha mirada trans-escalar que explora o potencial da superposición entre o rural e o urbano, o público e o privado e o produtivo e o reprodutivo.
Principalmente, centra a súa actividade na rexeneración urbana e territ