Coworking Pazo de Arenaza

Coworking Pazo de Arenaza

Pazo de Arenaza s/n. 15171, Iñás-Oleiros

Membros actuais: 21

Espazo colaborativo en Oleiros

O Pazo de Arenaza é un centro de coworking da Rede de Espazos de traballo da Deputación Provincial da Coruña, dispoñible para emprendedor@s e novas empresas. O espazo forma parte do programa Coworking Visa para coworkers doutros espazos e dos propios espazos da Rede Provincial de Espazos de Traballo da Coruña. Conta con Salas de Xuntanzas, 25 postos fixos, Aula de Formación, MakerSpace e Laboratorio de Realidade Virtual a disposición d@s coworkers.

Este centro, ubicado no Concello de Oleiros, está orientado aos sectores de Arquitectura, Urbanismo e Empresas con Base Tecnolóxica. Para formar parte do coworking e poder facer uso dos diferentes servizos que se ofrecen (plan de seguimento, mentorizaxe, axuda en cuestións fiscais e administrativas…) a empresa ou idea emprendedora debe levar menos de dous anos dada de alta, ademáis de presentar unha memoria de proxecto que será avaliada por parte de persoal técnico autorizado. No coworking se organizan, ademáis eventos de todo tipo que son abertos e 100% gratuitos, tanto presenciais como online.

Se pensas en emprender ou tes unha nova empresa (menos de dous anos dende o inicio da actividade), podes solicitar acceso ó Pazo de Arenaza mediante a correspondente solicitude telemática, a través da páxina web da plataforma de tramitación telemática da Deputación Provincial da Coruña SUBTeL

Notas adicionais

Proceso de solicitude de acceso aberto permanentemente. Envíanos unha mensaxe a través de arenaza@pel.gal se tes interés en traballar dende Arenaza.

Horario de atención o público

De Luns a Venres: 08:00h - 22:00h
Sábado: Horario de mañá
Domingo: Pechado

Horario de acceso dos coworkers

Horario igual que o de atención o público

Contacta con nós

Salas de eventos

Non hai salas dispoñibles

Algunhas imaxes do espazo

Servizos

Básicos

Wifi
Calefacción

Comunidade

Talleres de traballo
Almorzos en común
Canle privada online
Programas de tutoría
Programas de asesoramento

Equipo

Equipo de grabación
Impresora
Escáner
Fotocopiadora
Ordenador
Pantalla verde croma
Proxector
Equipo de sonido
Chromecast ou similar

Instalacións

Cocina
Espazos para eventos
Sala Skype
Taquillas individuales

Lecer

Transporte

Aparcamiento público
Transporte público
Almacenaje de bicicletas
Sitio accesible

Abastecemento

Auga/refrescos
Snacks
Café

Estamos en: