Centro de Emprendemento A Estación – Vedra

Centro de Emprendemento A Estación – Vedra

Estación do Tren de Santa Cruz de Ribadulla, Lugar de Galegos nº 28. 15885 Vedra

Membros actuais: 19

Espazo colaborativo en Vedra

O Centro de Emprendemento “A Estación” é un espazo multifuncional que alberga unha zona de traballo coworking para proxectos emprendedores e empresariais.
O centro conta cun servizo continuo, presencial e personalizado de asesoramento, consultaría e titoría , orientado á posta en marcha, seguimento e aceleración de ideas, negocios e empresas.
Cada proxecto seleccionado entrará nun programa de asesoramento individualizado e grupal articulado en sesións de avaliación, capacitación e acompañamento, que incluirán aspectos de orientación de mercado, desenvolvemento de produto ou servizo, plan de negocio, mercadotecnia, financiamento ou aspectos de xestión xeral.
Está aberto a proxectos de persoas emprendedoras e empresas xa existentes que desexen unha labor de reconversión ou aceleración de liñas de negocio.
“A Estación” quere converterse nun espazo estimulador da economía local de Vedra, ao mesmo tempo que pretende favorecer as redes de colaboración entre diferentes persoas e negocios.
A Estación conta con dous espazos de traballo, dúas salas de reunións, unha aula de formación, un espazo coworking con ata 10 postos fixos, un pequeno auditorio e un espazo multiúsos.
Pódese solicitar información nos teléfonos 981512244 e 667905330, e no correo electrónico aestacion@concellodevedra.com.
 
Enlace a vídeo presentación: https://youtu.be/UN8PnIKmRYk

Horario de atención o público

De Luns a Venres: De 10 a 14 horas. Outros horarios baixo demanda.
Sábado: Pechado
Domingo: Pechado

Contacta con nós

Salas de eventos

Sala 1

Sala polivalente e adaptable para reunións de grupos, xornadas de networking e eventos formativos

Número de membros Metros cadrados

Os membros poden reservar as salas.

Algunhas imaxes do espazo

Servizos

Básicos

Wifi
Calefacción

Comunidade

Talleres de traballo
Canle privada online
Programas de tutoría
Programas de asesoramento

Equipo

Impresora
Fotocopiadora
Ordenador
Proxector

Instalacións

Espazos para eventos
Sala Skype

Lecer

Transporte

Aparcamiento público
Sitio accesible

Abastecemento

Estamos en: