Listado de proxectos apoiados

Proxectos desenvolvidos por membros da Rede

Onde Keiras

Cociña baseada en productos ecoloxicos e de proximidade, adquiridos de forma directa das labregas e os mariñeiros, ofertados no restaurante, previa transformación deles no coworking, elaborando conservas que permiten ter producto de tempada ao longo do ano.

Sector do proxecto: Restauración

Mesquiteiras

Empresa nada ao abeiro do coworking de Brión para transformación e venda conxunta, elaborando conservas coas colleitas apañadas nos concellos da contorna A Baña, Outes, Noia, Rois, Santiago de Compostela e Brión.

Sector do proxecto: Agricultura e conserva

In fermento

Producir fermentados veganos en base de froitos secos, con elevado valor engadido en productos case pioneiros no mercado galego.

Sector do proxecto: Agrario, conservas