Rede Provincial de Coworking

Espazos de traballo para proxectos innovadores

Espazos de traballo para apoiar o emprendemento

Desenvolve a túa idea ou proxecto na compaña doutras persoas emprendedoras, en entornos colaborativos nos que xerar sinerxias cos teus compañeiros de espazo.

ESPAZOS
ÚNICOS

Cos servizos que precisas
para o teu proxecto

APOIO A
PROXECTOS

Con acompañamento
e asesoramento especializado

COLABORATIVAMENTE,
EN COMUNIDADE

Apoiate e da apoia a outras persoas emprendedoras coma ti

11

Coworkings

58

Proxectos

75

Coworkers

A Rede


Como son os espazos de traballo?

Cada coworking da Rede é diferente, pero todos contan con áreas de traballo grupais e/ou individuais, espazos colectivos para formación e eventos, salas de reunión e conexión a internet de alta calidade.

Onde están localizados?

A Rede de Espazos de Traballo da Deputación Provincial da Coruña está composta por coworkings da provincia de A Coruña. Actualmente son 11 espazos, 10 en activo e 1 en fase de preparación. Dende esta web poderás visualizar a ubicación de cada un.

Quen pode traballar nestes espazos?

Os coworking están adheridos á Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña. Os seus servizos están dirixidos a personas emprendedoras (en fase de idea ou proxecto) e novas empresas (personas físicas ou xurídicas con menos de 2 años). As solicitudes son xestionadas por cada un dos espazos de traballo.

Que servizos ofrecen?

Os espazos de traballo facilitan os servizos que un proxecto ou traballador dixital precisa: acceso a internet de alta velocidade, zonas de traballo, reunión e eventos e áreas de lecer. Adicionalmente ofrecen apoio e asesoramenteo aos coworkers, organización de eventos e formacións e actividades de networking. Dentro da rede hai espazos especializados en diversos sectores (arquitectura, agroalimentario, audiovisual, tecnoloxía,…)

Preguntas Frecuentes

Os espazos pertencentes á Rede Provincial de Coworking da provincia da Coruña adhirense á mesma en virtude dun convenio asinado coa Deputación Provincial de A Coruña ao amparo do Plan de Emprego Local (PEL). Trátase exclusivamente de espazos de titularidade pública.

Os espazos están vinculados ao Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación Provincial da Coruña e os seus servizos están dirixidos a personas emprendedoras (personas cunha idea empresarial en fase de definición ou de proxecto) e novas empresas (personas físicas ou xurídicas con menos de 2 años dende a data de alta no RETA ou da escritura de constitución).

Cada espazo de traballo xestiona as súas solicitudes e define o procedemento de acceso ao mesmo. De forma xeral, as solicitudes realízanse a través da sede electrónica do concello correspondente a cada espazo ou, a través da plataforma SUBTeL da Deputación Provincial da Coruña no caso do Pazo de Arenaza.

Estas solicitudes consisten nunha instancia de solicitude, acompañada da documentación acreditativa correspondente, máis unha memoria na que se describe a idea ou proxecto que pretende desenvolver a persoa ou equipo emprendedor que realiza a solicitude.

A través da ficha dos espazos desta web, podes contactar mediante un formulario co espazo que sexa do teu interese. Así mesmo, aconsellamos que consultes a web do espazo correspondente para dispor de información máis detallada sobre o mesmo.